Rubella virus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O virus da rubéola é o patóxeno da rubéola, tamén chamada roséola epidémica ou sarampelo alemán.[1][2] Está causada por un virus do xénero Rubivirus, o Rubella virus que tamén pode causar a síndrome de rubéola conxénita cando a infección se produce durante as primeiras semanas de embarazo.
Remove ads
Clasificación taxonómica
Até 2018, o Rubivirus era clasificado como membro da familia Togaviridae.[3][4] Esta mudanza taxonómica foi levada a cabo polo International Committee on Taxonomy of Viruses (ICTV), unha vez que a rubéola é considerada unha doenza exclusiva dos seres humanos e os restantes membros da familia Togaviridae infectan tanto insectos como mamíferos.[5][6]
Novas especies de Rubivirus
O Rubella virus era o único membro coñecido do xénero Rubivirus que pertence á familia Matonaviridae. Porén, estudos realizados en outubro de 2020 en busca de variantes do coronavirus SARS-CoV-2, causante da pandemia de COVID-19, en animais placentarios informan do descubrimento de dúas novas especies de virus da rubéola, Rubivirus ruteetense (Virus Ruhugu) e Rubivirus strelense (Virus Rustrela) atopados en África e Europa, respectivamente.[7]
Remove ads
Características xenéticas
Os membros da familia Matonaviridae comparten un xenoma de ARN (+)ssRNA monocatenario de sentido positivo, que está encerrado por unha cápside non icosaédrica e unido á membrana.
Síndrome de rubéola conxénita
A base molecular da causa da síndrome de rubéola conxénita aínda non está completamente clara, pero estudos in vitro con liñas celulares mostran que o virus desencadea un efecto de apoptose en certos tipos de células. Hai evidencias dun mecanismo dependente da proteína p53.[8]
Remove ads
Características da doenza
- Artigo principal: rubéola.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads