SMART-1
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
SMART-1, acrónimo de Small Missions for Advanced Research in Technology 1 foi un satélite artificial da Axencia Espacial Europea lanzado o 27 de setembro de 2003 mediante un foguete Ariane 5 desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa.[2][3][5]
Remove ads
Características
SMART-1 foi unha pequena sonda lunar coa misión de probar novas tecnoloxías e facer observacións científicas da Lúa. Entrou en órbita lunar o 13 de novembro de 2004, onde permaneceu ata o seu impacto intencionado contra a superficie o 3 de setembro de 2006.[2][3][4][5]
A principal nova tecnoloxía que SMART-1 probou foi un motor iónico. Tamén levaba a bordo un novo sistema de comunicacións para espazo profundo e un conxunto de instrumentos (denominado EPDP) para monitorizar o motor iónico e estudar a Lúa. Os principais obxectivos científicos foron o estudo da xeoloxía, morfoloxía, topografía, mineraloxía, xeoquímica da superficie lunar, así como o estudo da contorna exosférica lunar.[2][3][4][5]
SMART-1 tiña forma de caixa de aproximadamente un metro de lado. Dous paneis solares, cunha envergadura de 14 m e 10 m2 de superficie, proporcionaban ata 1850 W de potencia á nave. A enerxía era almacenada en cinco baterías cunha capacidade de 130 vatios-hora. O motor iónico era un modelo PPS-1350, de efecto Hall de plasma que usaba xenon (a nave levaba 82 kg a bordo) como propelente e que proporcionaba 70 mN de impulso con 1600 s de impulso específico.SMART-1 estabilizábase nos tres eixos mediante catro volantes de inercia e oito propulsores de hidracina de 1 N de pulo. A nave coñecía a súa actitude no espazo mediante un seguidor de estrelas, un sensor solar e varios sensores de velocidade angular. O control térmico conseguíase mediante radiadores, sumideiros de calor, illamento multicapa e quentadores eléctricos, mentres que as comunicacións corrían a cargo dunha antena de media ganancia e dúas de baixa ganancia funcionando en banda S e unha antena experimental nas bandas K e X.[2][3][4][5]
A instrumentación científica que SMART-1 levaba a bordo era a seguinte:[2][3][4][5]
- AMIE, unha cámara pancromática que tamén foi usada en probas de navegación autónoma.
- SPEDE, sondas Langmuir para o estudo do plasma lunar.
- RSIS, experimentos de radiociencia.
- SIR, un espectrómetro infravermello e visible para estudo da codia lunar.
- D-CIXS, un espectrómetro de raios X para astronomía e química lunar.
- XSM, un espectrómetro de raios X para calibrar D-CIXS e para estudar o Sol.
Remove ads
Pefil da misión
SMART-1 foi posta nunha órbita de transferencia xeoestacionaria de 742 x 36.016 km como carga secundaria durante o lanzamento de dous satélites de comunicacións. O motor iónico permitiu á nave chegar á Lúa 14 meses despois, entrando na súa órbita o 13 de novembro de 2004 a unha altura da súa superficie de 60.000 km. SMART-1 situouse en órbita polar para facer as súas observacións científicas. Tras diversas manobras o motor iónico foi apagado en setembro de 2005 despois de esgotar o xenon e ter funcionado 5000 horas, con 843 arranques e paradas. A nave foi estrelada a propósito na superficie lunar o 3 de setembro de 2006.[2][3][4][5]
Remove ads
Véxase tamén
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: SMART-1 |
Outros artigos
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
