Partido Nacional Escocés

Partido político escocés From Wikipedia, the free encyclopedia

Partido Nacional Escocés
Remove ads

O Partido Nacional Escocés (en scots: Scots National Pairty, en escocés: Pàrtaidh Nàiseanta na h-Alba, ou tamén coñecido como SNP) é un partido político escocés de carácter nacionalista,[1][2][3][4] independentista[5] e socialdemócrata.[6][7][8] O Partido Nacional Escocés apoia e fai campaña a prol da independencia de Escocia dentro da Unión Europea,[9][10][11] cunha plataforma baseada no nacionalismo cívico.[12][13] O Partido Nacional Escocés é o terceiro meirande partido político do Reino Unido, logo do Partido Laborista e o Partido Conservador, e é o meirande partido político de Escocia, onde ten a maioría dos asentos do Parlamento escocés e 44 dos 59 escanos escoceses na Cámara dos Comúns de Westminster. A líder do Partido Nacional Escocés é Nicola Sturgeon, quen exerce como Primeiro ministro de Escocia dende o 20 de novembro de 2014.

Datos rápidos Instancia de, Ideoloxía política ...
Remove ads

Historia

Fundouse en 1934 trala fusión do Partido Nacional de Escocia co Partido Escocés, tendo como primeiros presidentes nunha presidencia conxunta a James Graham, 6º duque de Montrose e a Cunninghame Graham. O primeiro secretario xeral do partido foi Alexander MacEwen. Douglas Young, que foi líder do Partido Nacional Escocés entre 1942 e 1945, fixo campaña en contra do recrutamento obrigatorio e as súas actividades foron vilipendiadas por menoscabar o esforzo de guerra británico contra as potencias do Eixe. Young foi encarcerado por negarse a ser recrutado.

O SNP gañou por primeira vez un escano parlamentario polo distrito de Motherwell en 1945, pero o deputado Robert McIntyre perdeu o asento nas eleccións xerais tres meses despois. Despois conseguiron un escano en 1967, cando Winnie Ewing foi o gañador por sorpresa no distrito de Hamilton, feudo laborista. Isto deu protagonismo nacional ao SNP, levando á creación da Comisión Kilbrandon.

O partido logrou unha gran subida de votos nas eleccións xerais de outubro de 1974, obtendo case un terzo dos votos en Escocia e metendo 11 deputados en Westminster. Con todo, o partido experimentou unha gran caída nas eleccións xerais de 1979, seguida dunha nova caída nas eleccións de 1983. O éxito das eleccións xerais de outubro de 1974 non se superou ata as eleccións xerais de 2015.

Nas eleccións ao Parlamento escocés de 2007, o SNP foi o maior partido obtendo 47 escanos (superando ao Partido Laborista Escocés con 46 escanos) e Alex Salmond converteuse no primeiro ministro escocés. O Partido Verde Escocés apoiou a elección de Salmond como primeiro ministro e os seus posteriores nomeamentos de ministros, a cambio da presentación anticipada do proxecto de lei sobre o cambio climático e o nomeamento dun deputado verde para presidir unha comisión parlamentaria.[14]

En maio de 2011, o SNP gañou a maioría absoluta no Parlamento escocés con 69 escanos. Isto foi un logro significativo, xa que o sistema de membro adicional usado nas eleccións ao Parlamento escocés foi deseñado especificamente para evitar que un partido obtivese maioría absoluta.[15] Con este resultado o SNP promoveu a realización do referendo de independencia de Escocia de 2014. Tras unha dura campaña gañou o "non" á independencia cun resultado de 55-45% e o primeiro ministro Alex Salmond dimitiu.[16]

Con todo, a perda do referendo non afectou aos resultados electorais do partido. Nas eleccións xerais do Reino Unido de maio de 2015, o partido agora liderado pola sucesora de Salmond, Nicola Sturgeon, pasou de ocupar seis escanos na Cámara dos Comúns a 56, a maioría deles a costa do Partido Laborista. Todas excepto tres das cincuenta e nove circunscricións do país elixiron un candidato do SNP.

Nas eleccións ao Parlamento escocés de 2016, o SNP perdeu 6 escanos, perdendo a súa maioría absoluta, pero conservando o goberno, por terceiro mandato consecutivo. Nas eleccións xerais do Reino Unido de 2017, o SNP tivo uns resultados inferiores aos esperados e perdeu 21 escanos, reducíndose o número de deputados en Westminster a 35. A situación de bloqueo ocasionada polo proceso do Brexit, levou a novas eleccións en decembro de 2019 e o SNP volveu lograr un dos seus mellores resultados, ao gañar 48 dos 59 escanos correspondentes a Escocia.[17]

Remove ads

Evolución do voto

Eleccións ao Parlamento Escocés

Máis información Ano, Líder ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads