SS Nomadic
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O SS Nomadic é un barco de vapor da White Star Line, construído no ano 1911 nos estaleiros de Harland and Wolff na cidade de Belfast, Irlanda do Norte. Foi construído como transbordador para o RMS Olympic e o RMS Titanic. Foi deseñado por Alexander Carlisle e Thomas Andrews e é o único barco da frota da White Star que aínda existe, sendo actualmente usado como barco museo.
Remove ads
Remove ads
Historia

A quilla do Nomadic foi colocada nos estaleiros de Harland and Wolff en 1910, e foi botado o 25 de abril de 1911. Realizou as probas de mar o 16 de maio de 1911 e foi asignado a White Star Line o 27 de maio dese ano.
Xunto co seu irmán, o SS Traffic, o Nomadic foi empregado como transbordador para o RMS Titanic e para o RMS Olympic en Cherburgo, Francia. Foi equipado cun luxoso interior e foi polo tanto usado polos pasaxeiros de primeira e segunda clase, mentres que o Traffic serviu para os de terceira.
Durante a primeira guerra mundial o Nomadic usouse para o transporte das tropas dos Estados Unidos en Brest, Francia.
En 1927 foi vendido á Compagnie Cherbourgeoise de Transboerdement e despois, en 1934 á Société Cherbourgeoise de Remorquage et de Sauvetage (SCSR). Entón baixo o nome de Ingenieur Minard, serviu outra vez como barco de tropas na segunda guerra mundial.
Ó rematar a guerra continuou co transbordo de pasaxeiros a barcos da Cunard White Star, ata o 4 de novembro de 1968, cando serviu ao RMS Queen Elizabeth por última vez.

No ano 1974 foi adquirido por Yvon Vincent, e convertíuno nun restaurante sobre o río Sena en París. O restaurante funcionou dende 1977 até 1999, e tras o seu peche, o Nomadic permaneceu atracado e semiabandonado, ata que foi levado ao porto de Le Havre no 2003 onde permaneceu ata o 2006.
Remove ads
Conservación do Nomadic

O 26 de xaneiro de 2006, o Nomadic foi adquirido polo Department of Social Development of Northern Ireland polo prezo de 171 320 £.
O concello de Belfast investiu 7 millóns de libras esterlinas para a conservación e restauración do Nomadic.
O Belfast Industrial Heritage levou a cabo a campaña de financiamento e a colaboración do 'White Star Memories' e outros apaixonados pola preservación do Nomadic contribuíron na restauración do navío.
Situación actual
Tras o seu regreso a Belfast, o Nomadic foi amarrado no peirao de Queen xusto as aforas do centro Odyssey Arena de Belfast e aberto en exposición temporal. A finais do 2008, o barco foi pechado ao público e trasladado ao porto de Barnett para o mantemento do interior.
En xaneiro do 2009, a empresa Frazer-Nash foi nomeada administradora do Plan de Xestión da Conservación. O nivel da restauración estaba planificado que a restauración completa do Nomadic estivera completada a tempo para o 100 aniversario do afundimento do RMS Titanic no ano 2012. En 2009 entrou en dique seco para a súa completa restauración.[1]
En 2013 completouse a nova superestrutura e a restauración do interior.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads