Sabaton
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Sabaton é unha banda sueca de heavy metal procedente de Falun. Os temas líricos principais do grupo baséanse na guerra, batallas históricas e actos de heroísmo:[1] o nome é unha referencia a un escarpe (en inglés "sabaton"), peza da armadura que servía para protexer o pé. O tema de armaduras e batallas pode escoitarse nos álbums Primo Victoria, The Art of War, Coat of Arms, Carolus Rex, Heroes e The Last Stand, nos cales todos os seus temas teñen eses motivos agás os temas de peche, que son cancións tributo a influentes bandas de heavy metal. O contido lírico que procede das dúas guerras mundiais e doutros conflitos históricos é frecuente e as letras adoitan a recitar historias de feitos heroicos realizados por homes e exércitos.
En decembro de 2015 cinco cancións da banda foron engadidas ao terceiro paquete de música externa para o xogo de estratexia Europa Universalis IV.[2]
O 6 de xuño de 2016, no 72 aniversario do Desembarco de Normandía, Sabaton publicou un paquete de música para o xogo Hearts of Iron IV, con cancións baseadas na segunda guerra mundial, a temática do xogo.[3] A banda publicou un segundo paquete o 26 de xaneiro de 2017.[4]
Remove ads
Discografía
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
