Subidor común
especie de paxaro From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O subidor común,[2] comunmente gabeador, agatuñador, gateador, rubideira ou subidor[3] (Certhia brachydactyla) é un paxaro da familia dos cértidos (Certhiidae). É unha ave sedentaria que vive no centro e sur de Europa e no norte de África.
Remove ads
Descrición
Son de aspecto moi semellante ó seu parente próximo o subidor do norte (Certhia familiaris), do que é moi difícil de diferenciar. Teñen unha lonxitude duns 12 cm e pesan uns 11 gramos. Teñen o bico afiado e curvado cara a abaixo. A plumaxe é branca pola parte inferior do corpo, da cor parda da casca das árbores por riba. Teñen unha lista ocular branca. O aspecto de machos e femias é semellante. A cola é relativamente longa e sérvelles de temón cando voan, ademais de axudarlles a manterse no aire.
Remove ads
Hábitat
A diferenza do subidor setentrional prefire os bosques de folla caduca, parques e xardíns con árbores froiteiras. A súa distribución xeográfica abrangue o sur e centro de Europa, Asia Menor e o norte de África.
Alimentación
Agatuñan polos troncos de abaixo a arriba en bruscas espirais, procurando co bico insectos e arañas entre a casca das árbores.
Reprodución

A madureza sexual chégalles ó ano de idade. O período de cría vai de marzo a xullo. O seu niño está feito de ramalliñas secas, musgo, pallas plumas e pelos de mamífero. Constrúenos en fendas das árbores, ou entre cachos separados da casca, algunhas veces en paredes ou pilas de madeira, e non son doados de atopar. A construción do niño e a incubación son tarefa exclusiva da femia, que pon de 5 a 7 ovos e pasa unhas dúas semanas chocándoos. Os polos están en condicións de empezaren a voar cando teñen catorce ou quince días. Adoitan facer dúas postas ó ano.
Remove ads
Nomes vulgares
En galego na bibliografía especializada, antes da adopción das formas normativas polo DRAG (subidor), as voces que máis aparecían para esta especie eran agatuñador[4], gateador[4], rubideiro[4] e rubidor[5].
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads