Sam Walton
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Samuel Moore Walton, nado en Kingfisher (Oklahoma) o 29 de marzo de 1918 e finado en Little Rock (Arcansas) o 5 de abril de 1992, foi un home de negocios e empresario estadounidense, coñecido por fundar as tendas Walmart e Sam's Club. Wal-Mart Stores Inc. creceu ata converterse na maior empresa do mundo por beneficios, ademais do maior empregador privado do mundo.[1] Nun momento da súa vida, foi a persoa máis rica dos Estados Unidos.
Remove ads
Traxectoria

Na época de estudante, Samuel foi elixido como o rapaz mais versátil e converteuse en presidente do corpo de estudantes.[2] Formouse en economía no ano 1940. O seu socio e irmán máis novo James (alcumado "Bud") formouse na academia militar.
A primeira experiencia dos Waltons foi como empregados nunha tenda de Oklahoma, coñecida como DuPont. A primeira tenda dos Waltons foi unha franquía rede Ben-Franklin, na cidade de Newport en 1945.[3] Bud e súa esposa Audie asociáronse con Sam e a súa esposa Helen durante un ano, ata compraren a súa propia tenda. O matrimonio Walton transformou a tenda, que operaba con prexuízos nunha das maiores unidades da rede Ben Franklin en Arcansas. Vendo o éxito en 1949, o propietario que alugaba o inmoble para os Waltons pediuna de volta.
Os Waltons mudáronse a Bentonville, unha pequena cidade na montaña Ozark. En 1951, o matrimonio pasou a administrar unha pequena tenda de variedades e de baixo volume, co nome Walton's 5 & 10. Entre 1951 e 1962, Sam percorreu varios outros tipos de negocios (concorrentes como K-Mart). O concepto da empresa K-Mart era simple: mercadorías de prezos baixos con calidade e con énfase no autoservizo. Isto levou a Sam a considerar un novo tipo de concepto: as tendas de descontos.
Entón, Sam e o seu irmán Bud, decidiran fundar o Wal-Mart en 1962, coa abertura da súa primeira tenda na cidade de Rogers, Arcansas, co nome de Wal-Mart Discount City.[4]
Dous anos despois da súa fundación, a rede xa contaba con 24 tendas e unha facturación de 12,6 millóns de dólares.
Falecemento
Walton faleceu o 5 de abril de 1992 de mieloma múltiple, un tipo de cancro de ósos,[5] en Little Rock.[6] As novas do seu pasamento foron transmitidas por satélite a todas as 1960 tendas Walmart.[7] Nese momento, a compañía tiña 380 000 empregados.
Os seus restos están enterrados no cemiterio de Bentonville. Legou a propiedade de Walmart á súa esposa e os seus fillos: Rob Walton secedeu o seu pai como presidente de Walmart, e John Walton foi o director ata a súa morte en 2005 nun accidente aéreo.
Remove ads
Vida privada
Walton casou con Helen Robson o 14 de febreiro de 1943.[3] Tiveron catro fillos: Samuel Robson (Rob) nado en 1944, John Thomas (1946–2005), James Carr (Jim) nado en 1948, e Alice Louise nada en 1949.[8] Walton apoiou varias causas de caridade. Helen e mais el eran activos na Primeira Igrexa Presbiteriana de Bentonville;[9] Sam serviu como presbítero e profesor da escola dominical, dando clases a estudantes de instituto.[10] A familia fixo importantes contribucións á congregación.
Remove ads
Legado
En 1998, Walton foi incluído pola revista Time na lista das 100 persoas máis influentes do século XX.[11] Walton foi recoñecido polo seu traballo na venda polo miúdo en marzo de 1992, un mes antes da súa morte, cando recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade por parte do presidente George H. W. Bush.[7]
Forbes considerou a Sam Walton a persoa máis rica dos Estados Unidos entre 1982 e 1988, en que cedeu o posto a John Kluge cando os editores comezaron a considerar a fortuna de Walton repartida entre el e os seus catro fillos.[12]
Na Universidade de Arcansas, a Escola de Negocios (Sam M. Walton College of Business) recibe o seu nome. Walton foi incluído no Junior Achievement U.S. Business Hall of Fame en 1992.[13]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
