Samba Martine
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Samba Martine, nada na República Democrática do Congo en 1977 e finada Madrid, España o 19 de decembro de 2011[1] foi unha emigrante morta tras o seu internamento no Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE) de Aluche, en Madrid. A polémica do seu caso contribuíu a que a existencia e as condicións dos CIE ocupara un lugar mais visible no debate público en España.[2]
Remove ads
Biografía
Martine chegou a Melilla en agosto de 2011. Á súa chegada, entrou no CETI (Centro de Estancia Temporal de Inmigrantes). Permaneceu alí tres meses, ata o 12 de novembro, cando, por sobreocupación do CETI, a trasladaron ao CIE (Centro de Internamento de Estranxeiros) de Aluche, en Madrid, coa intención de expulsala do Estado. Neste CIE identificáronma cun número: o 3106.[3]
Denuncia
O seu caso é unha das denuncias que internas e internos, activistas, organizacións e colectivos de apoio realizan ante a existencia e condicións destes centros. En particular, critican que Samba Martine non fora diagnosticada nin recibira a atención médica adecuada a pesar do número de veces que a solicitou.
Segundo o informe do servizo médico do CIE, elaborado tras o seu pasamento, refiren ata 10 visitas da muller precisando asistencia. No informe só consta que nunha destas visitas, levada a cabo o 14 de decembro, estivo acompañada de intérprete. En ningunha delas diagnosticaron a súa verdadeira enfermidade.
Por fin, o día 19 de decembro trasladáronma ao Hospital 12 de Octubre debido a unha hiperventilación.
Trala súa morte, a hipótese que manexou nun principio o hospital foi a de meninxite. Despois, o hospital cambiou o diagnóstico ao de pneumonía pneumocócica, e máis tarde sinalouse que a morte podería ter sido provocada por unha infección derivada do VIH, xa que Martine era seropositiva.[1]
O Xulgado de Instrución número 38 de Madrid arquivou a investigación penal aberta por estes feitos e presentada pola familia de Martine. Segundo o auto, non existe atisbo algún de que se producira unha conduta neglixente ou mala praxe por parte dalgún dos sanitarios que atenderon á falecida, e existe, contrariamente, constatación de que, en calquera caso, ineludiblemente, se tería producido o mesmo resultado”.[4]
Remove ads
Obras
O caso de Martine foi representado na obra teatral Un trozo invisible de este mundo escrita por Juan Diego Botto e interpretada por el mesmo e a actriz e cantante Astrid Jones.[5]
As artistas Daniela Ortiz e Xose Quiroga realizaron o 12 de outubro de 2012 o vídeo "Homenaje a los caídos" no que se levou en procesión por Madrid unha imaxe de Samba Martine dende a Praza de Colón ata o Hospital 12 de outubro onde morreu.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads