Santa Comba

concello da provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia

Santa Combamap
Remove ads

Santa Comba é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE en 2015 tiña 9.635 habitantes (10.487 no 2009, 10.588 no 2007, 10.647 no 2006, 10.683 no 2005, 10.704 no 2004, 10.823 en 2003). O seu xentilicio é «combés» ou «xalleiro».

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Etimoloxía

O nome provén de Santa Comba de Sens, virxe e santa galaica do século III cuxa lenda mestúrase con lendas celtas precristiás relacionadas con outras santas como Comba de Cornualla e Comba de Córdoba.

Xeografía

Está situada no oeste da provincia da Coruña, e ten 203 km². Pertence á comarca do Xallas, e ten un relevo pouco accidentado con suaves ondulacións cunha altitude entre os 300 e os 500 metros. O clima é atlántico moi húmido propio das zonas costeiras de Galicia. As choivas son moi abundantes, principalmente entre os meses de novembro e febreiro.

A capital do concello é Santa Cataliña de Armada, fusionada co núcleo de poboación de Santa Comba, situada case no centro xeográfico do municipio. Está a 62 km da Coruña, 28 de Santiago de Compostela (ámbalas dúas con aeroporto) e a 68 de Fisterra.

Máis información Censo total, 9635 (2015) ...
Evolución da poboación de Santa Comba   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
9.075 9.726 12.061 11.902 10.704 10.101
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Remove ads

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santa Comba

Alón (Santa María) | Arantón (San Vicente) | Bazar (San Mamede) | Cícere (San Pedro) | Fontecada (San Martiño) | Freixeiro (San Fins) | Grixoa (San Xoán) | Grixoa de Esternande (Santa María) | Mallón (San Cristovo) | Montouto (Santa María) | A Pereira (Santo André) | San Salvador de Padreiro (San Salvador) | Santa Comba (San Pedro) | Santa Sabiña (San Xulián) | Ser (San Pedro) | Vilamaior (Santa María) | Xallas de Castriz (San Pedro)

Remove ads

Lugares de Santa Comba

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Santa Comba vexa: Lugares de Santa Comba.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads