Santiso

concello da comarca da Terra de Melide From Wikipedia, the free encyclopedia

Santisomap
Remove ads

Santiso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Demografía

Segundo o IGE no 2014 tiña 1.742 habitantes (1.980 no 2009, 2.116 no 2006, 2.160 no 2005, 2.212 no 2004, 2.249 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «santisés».

Máis información Censo total 2014, 1.742 habitantes ...
Evolución da poboación de Santiso   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
4.173 4.787 4.831 2.892 2.212 1.980 1.838
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Remove ads

Xeografía

Santiso limita ao norte con Melide, ao leste con Palas de Rei (provincia de Lugo, ao sur con Agolada e Vila de Cruces (provincia de Pontevedra) e ao oeste con Arzúa (provincia da Coruña).

Está bañado polo río Ulla e polo seu principal afluente, o río Furelos, ademais dos regatos de Braña, Beseña e Boente.

Economía

Destaca o sector primario. Na gandaría prima o gando vacún, e ten bastante importancia a industria forestal.

Sendeirismo

Santiso conta cunha ruta homologada, a PR-G 125 "Sendeiro de Visantoña". É circular, duns 14 km, accesible tamén para bicicleta ou a cabalo. O punto de inicio é en Visantoña.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Santiso.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiso

Barazón (Santa María) | Beigondo (San Cosme) | Belmil (San Pedro) | Liñares (Santiago) | Mourazos (San Xurxo) | Niñodaguia (San Paio) | Novela (Santa María) | Pezobre (San Cristovo) | Pezobrés (Santo Estevo) | A Ponte Arcediago (San Xoán) | Ribadulla (San Vicenzo) | San Román (San Pedro) | Santaia de Rairiz (Santaia) | Santiso (Santa María) | Serantes (Santaia) | Vimianzo (Santa María) | Visantoña (San Xoán)

Remove ads

Lugares de Santiso

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Santiso vexa: Lugares de Santiso.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads