Satya Nadella

From Wikipedia, the free encyclopedia

Satya Nadella
Remove ads

Satya Nadella (en telugu: సత్య నాదెళ్ల;), nado en Hyderabad o 19 de agosto de 1967, é un empresario indio, o actual director executivo (CEO) de Microsoft. Foi nomeado CEO o 4 de febreiro de 2014 por Bill Gates, sucedendo a Steve Ballmer.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Formación

Nadella obtivo unha licenciatura en Ciencias da Computación pola Universidade de Wisconsin-Milwaukee e un MBA pola Booth School of Business da Universidade de Chicago.[2]

Carreira profesional

Satya Nadella traballou con Sun Microsystems como membro do seu equipo tecnolóxico antes de unirse a Microsoft en 1992.[3] Foi o antigo vicepresidente de computación na nube (cloud) de Microsoft. Dirixiu ferramentas de desenvolvemento e servizos na nube como Windows Azure, Windows Server, SQL Server, Visual Studio e System Center dos que dependían para funcionar servizos como Bing, SkyDrive (actualmente OneDrive), Xbox Live e Skype. Tamén foi vicepresidente de Investigación e Desenvolvemento da División de Servizos en liña e Vicepresidente da División de Negocios.[4]

"O risco de irrelevancia é o principal desafío ao que se enfrontará Nadella como CEO de Microsoft. A empresa corre este risco no mercado da mobilidade, porque aínda está moi asociado aos ordenadores e servidores, que cada vez teñen menos importancia para os consumidores”, sinalou James Staten, vicepresidente da consultora Forrester Research, á páxina web de VEJA.[5] "Despois de que Nadella se incorporase aos servizos na nube, Microsoft obtivo excelentes resultados porque rapidamente introduciu versións máis modernas dos seus servizos principais (...) Unha característica de Nadella é investigar moito antes de optar por un camiño. Despois diso, non retrocede".[5]

Entre os principais éxitos de Nadella está a substitución de Hotmail por Outlook.com, que tivo lugar en agosto de 2013. Segundo Microsoft, Outlook.com é o servizo de correo electrónico de máis rápido crecemento no mundo, con máis de 400 millóns de usuarios rexistrados.[6]

Vida persoal

En 1992, Satya Nadella casou con Anupama, estudante de Arquitectura.[7] A parella tivo un fillo e dúas fillas, e viviron en Clyde Hill e Bellevue no Estado de Washington.[8] [9] O seu fillo Zain era cego e tetrapléxico con parálise cerebral.[10] Zain morreu en febreiro de 2022, aos 26 anos.[11]

Desde rapaz, Nadella ten unha paixón polo crícket, xa que xogou no seu equipo escolar.[12] El e a súa esposa Anupama son co-propietarios do Seattle Sounders FC, un club da Major League Soccer.[13]

Nadella é un ávido lector de poesía americana e india. Escribiu un libro titulado Hit Refresh que explora a súa vida, a súa carreira en Microsoft e como cre que a tecnoloxía dará forma ao futuro. Anunciou que os beneficios do libro irían a Microsoft Philanthropies e, mediante iso, a organizacións sen ánimo de lucro.[14]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads