Satyajit Ray

director de cine indio From Wikipedia, the free encyclopedia

Satyajit Ray
Remove ads

Satyajit Ray (en bengalí: সত্যজিত রায় ou সত্যজিৎ রায়; SatyajitRay2.ogg Shottojit Rae ), nado en Calcuta o 2 de maio de 1921 e finado na mesma cidade o 23 de abril de 1992, foi un director de cinema indio, así mesmo tamén desempeñou a función de ilustrador, editor, escritor, deseñador gráfico e crítico de cinema. É coñecido por obras como: The Apu Trilogy (en bengalí: অপু ত্রয়ী) (1955–1959),[1] The Music Room (1958), Mahanagar (1963), Charulata (bengalí: চারুলতা) (1964), e a triloxía Goopy–Bagha (1969–1992).[a]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Ray era fillo do autor Sukumar Ray e de Suprabha Ray. Comezou a súa carreira como artista comercial e entrou no mundo do cine independente despois de coñecer ao cineasta francés Jean Renoir e ver a película neorrealista italiana Ladrón de bicicletas (en italiano: Ladri di biciclette) (1948) de Vittorio De Sica durante unha visita a Londres.

A primeira película de Ray, Pather Panchali (bengalí:: পথের পাঁচালী Pôther Pãchali) (1955), gañou once premios internacionais, incluído o primeiro premio ao Mellor Documento Humano no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1956. Esta película, xunto con Aparajito (en bengalí: অপরাজিত; Ôporajito) (1956) e Apur Sansar (“'O mundo de Apu”') (1959), forman “'A triloxía de Apu”'. Ray encargouse do guión, o casting, a banda sonora e a edición da película, e deseñou os seus propios títulos de crédito e material publicitario. Tamén é autor de varios relatos curtos e novelas, principalmente para nenos e adolescentes. Entre os personaxes populares creados por Ray atópanse o detective Feluda, o científico Profesor Shonku, a narradora Tarini Khuro e o novelista Lalmohan Ganguly.

É recoñecido como un dos grandes creadores de cinema do século XX.[2][3][4][5] Ray dirixiu 36 filmes, incluíndo longametraxes, documentais e curtametraxes.

Ray recibiu numerosos premios durante a súa carreira, incluídos trinta e dous premios nacionais da India, un León de Ouro, un Oso de Ouro, dous Osos de Prata e un Óscar honorífico en 1992. O goberno da India outorgoulle o Bharat Ratna, a súa máis alta condecoración para un civil, en 1992. En 2024, Forbes clasificou a Ray como o oitavo mellor director de cine (a nivel mundial) de todos os tempos na súa lista de "Os 30 mellores directores de cine de todos os tempos".[6]

Remove ads

Traxectoria

Liñaxe

Satyajit Ray proviña dunha familia hindú bengalí (en) de Mymensingh, Bengala, actualmente Bangladesh (Bengala Oriental).[7] A súa familia adoptara o apelido "Ray". Aínda que eran kayasthas bengalíes (en), os Ray eran "visnuistas" (adoradores de Vishnu),[7] a diferenza da maioría dos bengalíes kayasthas, que eran «shaktos» (adoradores de Shakti ou Shiva).[8]

A liña xenealóxica de Satyajit Ray pode seguirse durante polo menos dez xeracións.[9] O seu avó, Upendrakishore Raychowdhury, foi ilustrador, escritor, editor, filósofo, astrónomo afeccionado e tamén líder do Brahmo Samaj, movemento social e relixioso da Bengala do século XIX. Sukumar Ray, fillo de Upendrakishore, foi un escritor bengalí de literatura infantil e pioneiro do verso absurdo, ademais de ilustrador e crítico.

Infancia

Satyajit naceu de Sukumar e Suprabha Ray en Calcuta, mais Sukumar faleceu cando o neno apenas tiña tres anos de idade e a familia tivo que sobrevivir grazas aos precarios ingresos de Suprabha.

Thumb
Satyajit Ray de neno

Ray estudou economía no Presidency College de Calcuta, aínda que sempre amosara interese polas belas artes. En 1940 a súa nai insistiu en que fose estudar á Universidade Visva-Bharati de Santiniketan, fundada por Rabindranath Tagore e, aínda que Ray se amosou reticente debido ao seu amor por Calcula e á mala impresión que tiña da vida intelectual en Santiniketan,[10] a persuasión da súa nai e o seu respecto por Tagore acabaron por convencelo. Alí, Ray comezou a apreciar a arte oriental. Máis adiante admitiu canto aprendera dos coñecidos pintores Nandalal Bose[11] e Benode Behari Mukherjee, sobre os que chegou a producir un filme documental, The Inner Eye. Polas súas visitas a Ajantā, Ellora e Elephanta, Ray desenvolveu a súa admiración pola arte hindú.[12]

Comezos

Ray abandonou Santiniketan en 1943, sen rematar a carreira de cinco anos, por causas amorosas e volveu a Calcuta, onde conseguiu un emprego na axencia de publicidade británica D. J. Keymer. Foi contratado como «aprendiz de visualizador», gañando tan só oito rupias mensuais. Aínda que por unha banda o deseño visual era algo achegado ao espírito de Ray e polo xeral era ben tratado, notábase unha gran tensión entre os empregados británicos e os indios da compañía (os primeiros estaban moito mellor pagados), á parte de que Ray pensaba que «os clientes eran xeralmente estúpidos», o que lle causou problemas.[13] Arredor de 1943 Ray colaborou con Signet Press, unha nova firma publicitaria iniciada por D. K. Gupta. Gupta encargou a Ray a creación de deseños de portadas para libros e concedeulle plena liberdade artística. Ray deseñou as portadas de moitos libros, incluído Man-eaters from Kumaon, de Jim Corbett, e The discovery of India de Jawaharlal Nehru. Tamén traballou nunha versión infantil de Pather Panchali, un clásico bengalí de Bibhutibhushan Bandopadhyay, renomeado como Am Antir Bhepu. Este traballo influíu profundamente en Ray e converteuse no tema do seu primeiro filme. Ademais de deseñar a portada, tamén ilustrou o libro, e moitas desas ilustracións atoparon finalmente un lugar na súa primeira longametraxe.[14]

Thumb
Ray, con 22 anos, en Santiniketan

Xunto con Chidananda Dasgupta e outros, Ray fundou Calcutta Film Society en 1947, mediante a que puido ver moitos filmes estranxeiros. Trabou amizade con algúns soldados norteamericanos estacionados en Calcuta durante a segunda guerra mundial e estes informábano dos últimos filmes estadounidenses que proxectaban na cidade. Durante ese período tamén coñeceu un empregado da RAF, Norman Clare, con quen compartiu a mesma paixón polo cinema, o xadrez e a música clásica occidental.[15]

En 1949 Ray contraeu matrimonio de forma pouco ortodoxa (e ilegal) con Bijoya Das, a súa curmá e grande amor.[16] A parella tivo un fillo, Sandip, que tamén foi director de cinema. Ese mesmo ano chegou a Calcuta Jean Renoir para rodar a súa película Le Fleuve, para a que Ray axuda a atopar localizacións. Así establece relación co director francés, quen o anima a comezar a rodaxe de Pather Panchali.

A determinación de converterse en cineasta tomouna en 1950 durante unha estancia de tres meses en Londres durante os que traballou na oficina principal de D. J. Keymer, e nos que visionou 99 películas unha delas, Ladrón de bicicletas, obra clave do neorrealismo italiano do director italiano Vittorio De Sica.

Como cineasta

Thumb
Satyajit Ray en Nova York en 1981.

Estreouse no cine co filme Pather Panchali (A canción do camiño), que gañou once premios internacionais, incluíndo o de Mellor documento humano no Festival Internacional de Cine de Cannes. Pather Panchali era unha obra clásica da literatura bengalí en cuxa edición infantil traballara coma debuxante e deseñador, que describe o crecemento dun xove, Apu, dunha pequena poboación de Bengala. Este traballo forma, xunto a Aparajito e Apur Sansar a Triloxía de Apu, a obra mestra de Ray.

Pese ao carácter humanista universal dos traballos de Ray, a realidade socioeconómica de Bengala márcao profundamente. A vida das diversas clases sociais de Bengala, o conflito dos novos e antigos valores e os efectos das cambiantes condicións económicas e políticas da India son temas recorrentes na súa obra.

Cambios de rumbo e anos finais

Ray dende 1965 dirixiu filmes de detectives, de ficción científica e dramas históricos. A esta variedade de temas uniuse unha considerábel experimentación formal. Manifestou así, en paralelo, os cambios de rumbo na vida da India contemporánea. Considérase que o seu mellor filme deste período é Nayak (1966), onde narrou como un coñecido actor falaba nun tren cunha xornalista durante vinte e catro horas seguidas. Traballou de novo con Sharmila Tagore e tivo éxito no festival de Berlín, mais non comercial.[17]

En 1967, escribiu o guión do filme The Alien, baseado nol relato Bankubabur Bandhu, que escribira en 1962 para a revista Sandesh, da súa propia familia. Finalmente o proxecto tratou de producilo Columbia Pictures con Peter Sellers e Marlon Brando; Ray non foi pagado por el.[18] Logo, Ray proxectou outros filmes que tampouco levou a cabo, como adaptacións do relato épico Mahābhārata, e da novela de E. M. Forster, A Passage to India.[19] Non obstante, en 1969 realizou o seu filme máis comercial, mais tamén con dificultades financeiras. Estaba baseado nun relato para nenos escrito polo seu avó, Goopy Gyne Bagha Byne, e era un filme musical e de fantasía.[20]

Posteriormente, levou ao cinema unha novela no poeta e narrador Sunil Gangopadhyay,[21] Aranyer Din Ratri, en que un mozo da cidade vai ao bosque de vacacións. Sobre o filme dixo Robin Wood, "unha simple secuencia [do filme]... ofrecería material para un curto ensaio".[21]

Se con Aranyer, Ray se dirixía á vida bengalí do seu tempo, completou o seu relato na Triloxía de Calcuta, formada por Pratidwandi (1970), Seemabaddha (1971) e Jana Aranya (1975); os tres filmes foron concibidos separadamente, mais teñen conexións temáticas entre todos eles.[22] Pratidwandi trata dun novo licenciado que é un idealista, e que se vai desilusionando, mais sen chegar a corromperse; Ray introduciu un estilo elíptico, ás veces con soños e miradas cara a atrás no relato.[22] Jana Aranya amosa un mozo inmerso na corrupción. En Seemabaddha retrata un home de éxito, de moralidade dubidosa, sacrificada á súa carreira. Así mesmo, na década de 1970, Ray adaptou dous dos seus relatos populares de detectives. Aínda que dirixidos a nenos e mozos, tanto Sonar Kella como Joy Baba Felunath teñen eco na crítica.[23]

En 1977, Ray completou Shatranj Ke Khiladi, filme de grande orzamento, que rodou en hindi e que estaba baseado nun relato de Munshi Premchand. Lembra a rebelión india de 1857 a través de dous xogadores. Sempre lle fascinara o xadrez.

En 1980, rodou a continuación de Goopy Gyne Bagha Byne, con Hirak Rajar Deshe, de intención política. O reinado do rei de diamantes, ou Hirok Raj, constitúe unha alusión á India con Indira Gandhi no momento de emerxencia nacional (1975-1977).[24] A continuación, coa súa curtametraxe Pikoor Diary e co seu filme Sadgati, en hindi, rematou a etapa tardía de madureza.

En 1983, Ray sufriu un grave ataque ao corazón e tivo que limitar fortemente o seu traballo nos seguintes anos. Por iso Ghare Baire tivo que ser completada en 1984 coa axuda do seu fillo, que era o cámara; tratábase dun relato de Tagore que narraba os perigos do fervente nacionalismo.[25] En 1987 realizou o documental Sukumar Ray sobre o seu pai.

Nos tres últimos filmes de Ray hai máis diálogo.[26] Son Ganashatru, que adapta unha peza de Henrik Ibsen;[27] Shakha Proshakha, de 1990, onde retomou a súa forma particular de expresarse;[28] e Agantuk, de aparencia liviá, onde mostra as lacras da civilización a través do relato da visita dun tío á súa sobriña en Calcuta.[29]

Remove ads

Legado

Ray dirixiu 37 filmes, incluíndo longametraxes, documentais e curtametraxes. Tamén foi escritor de ficción, editor, ilustrador, deseñador gráfico e crítico de cine. Esta versatilidade expresábase no feito de ue Ray realizaba o guión, o casting, a composición da música, a dirección artística, a edición e deseño dos créditos e o material publicitario da maior parte da súa obra.

Ray recibiu moitos premios importantes na súa carreira, incluíndo 32 premios nacionais indios de Cine, varios premios en festivais e certames internacionais sendo o principal deles un Oscar Honorífico pouco antes da súa morte, en 1992. A súa obra tamén foi obxecto dunha retrospectiva no Museo de Arte Moderna de Nova York no ano 1981.

Remove ads

Filmografía

Lenda
dagger Documental double-dagger Curtametraxe § Telefilme ou serie de televisión
Máis información Ano, Título orixinal (Título internacional) ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads