Sean Connery
actor e produtor de cinema escocés (1930–2020) From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Sir Thomas Sean Connery, nado en Edimburgo o 25 de agosto de 1930 e finado en Nassau o 31 de outubro de 2020,[1] foi un actor e produtor de cinema escocés. Foi especialmente coñecido como o primeiro actor en interpretar o personaxe de James Bond nos filmes, protagonizando sete títulos da serie (dende 007 contra o doutor No a Só se vive dúas veces, así como Diamantes para a eternidade e 007: Nunca digas endexamais) entre 1962 e 1983.[2][3][4]
Connery apareceu en pequenas producións de teatro e televisión antes dos seus filmes como Bond, cuxo éxito o convertería nun actor de sona internacional. Outros filmes nos que apareceu inclúen Marnie (1964), Asasinato no Orient Express (1974), O home que puido reinar (1975), A Bridge Too Far (1977), Highlander (1986), O nome da rosa (1986), Os intocables de Eliot Ness (1988), Indiana Jones e a última cruzada (1989), The Hunt for Red October (1990), Dragonheart (1996), The Rock (1996) e Finding Forrester (2000). Connery retirouse da actuación no ano 2006. Entre os seus galardóns cóntanse un Óscar ó mellor actor secundario, dous premios BAFTA e tres Globos de Ouro (entre eles un premio Cecil B. DeMille e un premio Henrietta). Nos Estados Unidos, recibiu o premio á traxectoria Kennedy Center Honor en 1999. Connery foi nomeado cabaleiro no 2000 polos seus servizos ao cinema dramático.[5]
Connery foi considerado por unha enquisa de 2004 de The Sunday Herald como "O máis grande escocés vivo",[6] e en 2011, unha enquisa de Euromillóns considerouno o "O maior tesouro nacional vivo de Escocia".[7] Foi escollido pola revista People como o "home vivo máis sexy" en 1989 e o "home máis sexy do século" en 1999.[8]
Remove ads
Traxectoria
Nacemento e mocidade

Thomas Sean Connery, chamado Thomas polo seu avó, naceu en Edimburgo, no barrio industrial de Fountainbridge, o 25 de agosto de 1930. A súa nai, Euphemia "Effie" McBain McLean, era unha limpadora. Era filla de Neil McLean e Helen Forbes Ross, e foi chamada así pola súa avoa, Euphemia McBain, muller de John McLean e filla de William McBain de Ceres en Fife.[9][10][11] O pai de Connery, Joseph Connery, era un traballador nunha fábrica e un camioneiro.[12][13]
Os seus bisavós paternos emigraron a Escocia dende Irlanda a mediados do século XIX.[14] O resto da súa familia era de ascendencia escocesa, e os seus bisavós maternos eran falantes de lingua escocesa orixinarios de Fife (infrecuente para os falantes desa lingua), e Uig, en Skye.[15][16] O seu pai era católico e a súa nai era protestante. Tivo un irmán máis novo, Neil. Segundo el mesmo declarou, chámaselle polo seu segundo nome, Sean, desde moito antes de converterse en actor, debido a que tiña un amigo irlandés de nome Séamus e os que os coñecían a ambos decidiron chamalo así cando estaba con el, e quedoulle. Na súa mocidade era xeralmente chamado "Tommy".[17]
O seu primeiro traballo foi como repartidor de leite na Sociedade Cooperativa de St. Cuthbert. Posteriormente, alistouse na Mariña pero por breve tempo, pois como consecuencia dunhas úlceras axiña regresou á vida civil. Retornou brevemente á Cooperativa e pasou despois por varios empregos diferentes, entre eles condutor de camión, peón de granxa, modelo artístico no "Edinburgh College of Art" e salvavidas.
Baixo o nome de Thom Connery, acadou o terceiro posto na categoría de homes altos da edición de 1953 do concursos de Mr. Universo. Outro competidor, Johnny Isaacs, suxeriulle que se presentase para a produción musical de Ó sur do pacífico, o que lle permitiría traballar na escena, televisión e, eventualmente, no cine. Como levantador de pesos, o seu alias era "Big Tam".
Desde a súa mocidade foi simpatizante do SNP, o Partido Nacional Escocés, manifestándose en reiteradas ocasións partidario da independencia política de Escocia.[18]
Cinema
A súa oportunidade chegaría en 1962, cando se buscaba a quen puidese interpretar a un axente do servizo secreto inglés baseado nas novelas de Ian Fleming, James Bond. Debido ás súas calidades, Connery foi o elixido como James Bond, axente 007 para a película o Dr. No onde actuou xunto a outra actriz emerxente, Ursula Andress.
Despois participou en varias películas da mesma saga entre 1962 e 1983,[19] cando xa cansado do personaxe e decidido a non encasillarse para sempre no rol de James Bond, cedeu o seu lugar a George Lazenby, quen só durou no papel unha película, dando lugar a Connery para que protagonizase Diamantes para a eternidade.
Logo desta película cedeu o lugar ao actor emerxente, Roger Moore. Aínda que o estigma de Bond seguiu ao longo do tempo a Connery, traballou arduamente para desencasillarse e interpretou variados papeis completamente diferentes con grande éxito, podendo xa a mediados dos noventa ser recoñecido como un actor moi versátil e distinto ao personaxe que lle deu fama.
O goberno británico concedeu a Connery o título nobiliario de Sir e todos os seus privilexios debido á consideración de que o personaxe que o interpretou capturou a esencia inglesa e proxectouna cara ó mundo.
En 2005 prestou a súa voz para ser James Bond no videoxogo desenvolvido por Electronic Arts, Desde Rusia con amor, baseado na película Bond que o protagonizou hai máis de catro décadas. En 2006 anunciou formalmente que se retira da actuación.
Sir Sean Connery foi nomeado cabaleiro pola a Raíña Isabel II do Reino Unido en xullo de 2000.
Remove ads
Saúde
En 1993 chegaban noticias de que Connery era sometido a tratamento por radiación para unha doenza de gorxa sen revelar. Reportaxes xornalísticas espertaban sospeitas que o actor sufría de cancro, e falsamente foi declarado morto por axencias de noticias xaponesas e surafricanas. Connery inmediatamente apareceu no Show de David Letterman negando estas versións. Nunha entrevista de febreiro de 1995 co Entertainment Weekly, el especificou que o tratamento por radiación fora para quitar "nódulos" das súas cordas vocais. En 2003 opérase de cataratas en ambos os dous ollos. O 12 de marzo de 2006, sofre unha extirpación dun tumor benigno de ril nese mes.
Remove ads
Morte
Connery morreu mentres durmía o 31 de outubro de 2020, con 90 anos, no seu fogar en Nassau nas Bahamas.[2][3] A súa morte foi anunciada pola súa familia e Eon Productions ese mesmo día.[20] O seu fillo declarou que "levaba tempo sen sentirse ben".[20][21]
Filmografía
Cinema


Televisión
Teatro
Videoxogos
Remove ads
Galardóns e nomeamentos
Honras
- 1987: "Commandeur" das Artes e das Letras. Francia.
- 1995: Globo de Ouro: premio Cecil B. DeMille, a toda a súa carreira.
- 1997: homenaxe do "Lincoln Center" (EUA).
- 1998: Academia Británica. Premio "Felowship" (compañeiro).
- 1999: premio "Centro Kennedy" á súa carreira pola súa contribución á arte e a cultura. Presentado polo Presidente Clinton.
- 2000: nomeado (Sir) pola raíña Isabel de Inglaterra.
- 2001: Festival de cine de Palm Springs (USA): premio a toda a súa carreira.
- 2005: Premio do Cinema Europeo a toda a súa carreira.
- 2006: Premio AFI a toda a súa carreira
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads