Secuestrados en Xeorxia

telefilme de 2003 dirixido por Gustavo Balza From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Secuestrados en Xeorxia é unha longametraxe de 90 minutos de duración, feita para televisión en 2003 e dirixida por Gustavo Balza. Foi producida por Portozás Visión para TVG e Telecinco e conseguiu un nomeamento ó mellor telefilme nos Premios Mestre Mateo 2004.

Datos rápidos Tipo, Xénero artístico ...
Remove ads

Sinopse

Francisco e José Manuel Clavijo, dous empresarios españois, viaxan a Xeorxia coa intención de comprar unha xoia que en España revenderán a un prezo alto. O intermediario do negocio é Carlos, socio de Francisco en Xeorxia. Pero as cousas non saen como esperaban. A Francisco e a José Manuel secuéstranos un grupo de guerrilleiros que, en realidade, son cómplices de Carlos. El pretende levar unha parte do rescate que pagarán as familias dos secuestrados. Trátase dunha historia baseada en feitos reais.

Entrementres, en Madrid, Rosa e Helena – as mulleres dos secuestrados – intentan logra-la liberación dos seus maridos por tódolos medios diplomáticos posibles… Ata que non queda outro remedio que ir a Xeorxia e paga-lo rescate que esixen os secuestradores.

Remove ads

Equipo técnico

  • Axudante de produción: Xabier Eirís, Pablo Atienza, Quique Batet
  • Produción executiva: David Martínez
  • Axudante de dirección: José Manuel Quiroga
  • Dirección de arte: Alexandra Fernández
  • Dirección de produción: María Liaño
  • Efectos especiais: Ricardo Spencer
  • Script: Ana Monteagudo
  • Xefe de son: José Manuel Sospedra

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads