Antón Reixa

escritor, músico cineasta galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Antón Reixa
Remove ads

Antonio Xavier Euloxio Rodríguez Reixa coñecido como Antón Reixa, nado en Vigo o 17 de abril de 1957, é un dos maiores representantes da cultura galega contemporánea. Renovador da poesía desde os anos 70, destaca tamén como intérprete musical, produtor e creador en varias das linguaxes audiovisuais. Desde os anos 90 Reixa converteuse ademais en figura popular comparecendo a través dos medios televisivo e radiofónico.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Tras cursar o Bacharelato no instituto Labor de Vigo, Reixa estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago e entrou en contacto coas vangardas literarias. En 1976 fundou, xunto con Alberto Avendaño e Manuel M. Romón o Grupo Rompente. A vertente literaria de Reixa iníciase logo a finais dos setenta, cando publica en colectivo con Rompente Silabario da turbina e dentro da editora do mesmo nome a obra individual As ladillas do travesti. Seguiron ata a actualidade numerosos títulos de poesía.

Nun breve período foi profesor de lingua e literatura galegas, mais abandonou o traballo docente para profesionalizarse nos eidos da música, da videocreación e do audiovisual, desenvolvendo diversos labores (director, guionista, produtor etc.) e asinando algún dos maiores éxitos do sector no noso idioma. Realizou tamén incursións na radio[1] e nos xornais como editor de páxinas culturais ou columnista.

O 8 de maio de 2012 foi elixido presidente da SGAE,[2] posto que deixou o 16 de xullo de 2013.[3]

O 28 de outubro de 2016 tivo un accidente de tráfico na provincia de Valladolid ao quedar durmido conducindo, e pasou 18 días en coma inducido.[4]

En 2021 o Goberno de España concedeulle a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes.[5]

Poesía

A traxectoria poética de Antón Reixa reinscribe o xénero, primeiro desde Rompente (grupo do que foi verdadeiro aglutinador e mentor[6]) e despois en solitario, nun discurso de contemporaneidade[7] que viña de actualizarse[8] en Europa e nos EE.UU a través da cultura pop underground e do punk, con ecos obvios das vangardas[9][10] (especialmente do dadaísmo e do surrealismo) e da oralidade espontánea presente no hip hop ou na regueifa. Son rastrexables ademais, tanto ao longo da súa obra coma en comparecencias públicas, as influencias de autores coma Xosé L. Méndez Ferrín[6], Edoardo Sanguineti, Julián Hernández, Bertolt Brecht, Daniel Salgado, Chus Pato ou Samuel Beckett.

Fortemente homoxénea e heterodoxa[11], moi recoñecible nas fórmulas expresivas (a retranca como filtro crítico é un dos sobranceiros sinais de autoría)[9] en canto á temática a poesía de Reixa aborda diversas frontes: as cuestións da identidade nacional[10] e da identidade de clase, o choque social entre a tradición e o capitalismo globalizado, a reformulación da vida e das relacións baixo o impacto constante da cultura posmoderna[8], o amor, o absurdo existencial etc. Son Galicia[12] e Vigo[13] os cronotopos referenciais da súa obra.

Música[14]

A comezos dos oitenta Vigo era un fervedoiro de bandas de rock and roll subversivo.[15] O ambiente tamén calou en Antón Reixa, que regalou a súa batería[16] ao seu amigo Julián Hernández coa condición de que formase un grupo. Desta forma naceu Maricruz Soriano y los que afinan el piano, coñecidos máis tarde como Siniestro Total.

Dous membros de Siniestro, Alberto Torrado e Xavier F. Soto, acompañaron a Reixa no lanzamento do grupo Os Resentidos en 1982, no que Reixa era o cantante. "Fai un sol de carallo" converteuse no seu primeiro éxito masivo. Antón Reixa é considerado precursor do movemento bravú.[17][18]

Os Resentidos deixaron paso en 1995 a outro proxecto, Nación Reixa, que o levou a colaborar co grupo vasco Negu Gorriak.

Ten escrito cancións para os grupos Na Lúa, Negu Gorriak, Xosé Manuel Budiño e Pancho Álvarez.

Audiovisual[19]

Entre 1987 e 1996 realiza diversos videoclips (case sempre en colaboración con Antonio Segade) para Joaquín Sabina, Duncan Dhu, Rosendo, Los Enemigos, Mikel Erentxun, Luz Casal, Esclarecidos, Los Secretos, Siniestro Total, Os Resentidos, Nación Reixa etc.

Tras producir e presentar na TVG o programa Galicia, Sitio Distinto (1990-91), en 1998 Reixa estreou a serie Mareas vivas, ambientada na Galicia mariñeira contemporánea, que bateu récords de audiencia[20] na canle autonómica ata o seu final en 2002.

Un ano máis tarde, con parte do equipo de Mareas vivas, Antón fundou Portozás Visión. O proxecto máis ambicioso da produtora foi El lápiz del carpintero[21] (2003), adaptación ao cine da novela O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas. Volveu dirixir unha longametraxe, Hotel Tívoli (2007).

Moitos dos proxectos de Antón Reixa como produtor (citemos o programa de 2006 para a TVG Somos unha potenzia, conducido polo actor Carlos Blanco Vila) presentáronse baixo o selo de Filmanova. Ten producido tamén contidos de entretemento e ficción para televisión (entre outras obras, Camarón, No sós vós, soy yo, El año de la garrapata, Lena, Diario de un skin, Fútbol de alterne, Tres días de abril etc.).

Remove ads

Obra literaria

Thumb
Antón Reixa no ano 2008

Poesía

Narrativa breve

  • Transporte de superficie (1990). Moreno Ávila Eds., en galego e castelán; en galego, Edicións Positivas (1991).
Thumb
Antón Reixa en 2009.

Obras colectivas

Libros de conversas

Remove ads

Teatro

  • Gulliver FM (1985), con Artello Teatro
  • Doberman (1994), con Teatro do Morcego[27]
  • O silencio das xigulas (con Legaleón, 1994)
  • Cerebro magullado 2 (con Óskar G. Mata, L´Alakran, 2003)
  • Estoy en misa, vuelvo enseguida (con Óskar G. Mata, L´Alakran, 2011)
  • Melancoholemia. Vida de Mamarracho (2020). Faktoría K. 64 páxs.

Obra audiovisual

Thumb
Antón Reixa en 2012.

Televisión

  • Selección Galega (1995), programa, TVG.
  • Sitio Distinto (1990-1991), programa, TVG.
  • Mareas Vivas (1998-2002), serie, TVG.
  • Galicia Exprés (2000) con Beatriz del Monte, serie, TVG.
  • Compostela, cruce de miradas (reportaxe, 2006).
  • Galicia, cruce de miradas (docuserie, TVG2, con Antonio Segade, 2007).
  • Filmando a Castelao (2008), TVG, con Carlos Larrondo.
  • A caixa negra (2009), programa, TVG.
  • Maruja Mallo, mitad ángel, mitad marisco (documental, 2009).[28]
  • Galicia Caníbal (2011).
  • O incerto señor Cunqueiro (2011), TVE.

Videocreación

  • Salvamento e socorrismo (1984).
  • Chove contra pasado (1985, con Antonio Segade).
  • After Shave (1986).
  • Todo está na castañeta (1986).
  • Episodios familiares (1986).
  • Galicia, sitio distinto (1989).[29]
  • Ringo Rango (1990).[30]
  • Nordesía (1994).
  • Cota de pantalla (1994).
  • Escarnio (1999).
  • Estarán vivos? Serán de pedra? (2000).
  • Ondas VAN (2003).
  • Amor e fluídos (2008).

Cine

Radio

Remove ads

Obra musical

Entrevista en Nós Televisión.

Discografía con Os Resentidos:

  • Surfin' CCCP (Grabaciones Accidentales, 1984; EP compartido con Siniestro Total).[32]
  • Vigo, capital Lisboa (GASA/DRO, 1984).
  • Fai un sol de carallo (GASA/DRO, 1986).
  • Música doméstica (Grabaciones Accidentales, 1987).
  • Fracaso tropical (Grabaciones Accidentales, 1988).
  • JEI (Grabaciones Accidentales, 1990). Elixido pola revista musical Rockdelux mellor disco nacional do ano.
  • Delikatessen (GASA, 1991).
  • Están aquí (GASA, 1993).
  • Made In Galicia 1982-1994 (GASA, 1994; recompilatorio).
  • Organización Nautilus (2021).

Discografía con Nación Reixa:

Outras:

Remove ads

Premios

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads