Seoane do Courel, Folgoso do Courel
parroquia civil do concello de Folgoso do Courel From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Xoán de Seoane do Courel é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel, na provincia de Lugo. Seoane do Courel foi ata a guerra civil a capital do concello.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Seoane do Courel.
Linda ó norte con Meiraos, Folgoso do Courel e Seara polo sur, Esperante e Visuña polo leste e San Xoán de Lóuzara e Seceda polo oeste.
Remove ads
Toponimia
O topónimo deriva do latín Sanctu(m) Iohanne(m), San Xoán.[2]
Demografía
É a parroquia máis poboada do concello. Segundo o IGE en 2012 tiña 218 habitantes agrupados nas entidades de Ferrería Vella, Mercurín, Moreda, Parada, Piñeira e Seoane. Isto supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 331 habitantes.
Historia
Antigamente Seoane era a capital do concello, pero só mantivo ese rango ata a guerra civil. A capitalidade foille conferida no ano 1834, xunto ó tratamento de vila, ata que lle foi retirada en favor de Folgoso por razóns aínda descoñecidas. Non obstante, segue a manter o carácter de capital municipal, concentrando un bo número de servizos, que se reflicte na feira que se celebra o segundo e o cuarto domingo de cada mes.
Construcións
- Casa do Escribano, que foi a antiga sede do concello e posúe un curioso reloxo de sol.
- Igrexa de San Xoán, situada no alto da vila.
- Ferrería de Seoane, movida pola auga do río Lor.
- A casa deseñada polo arquitecto Carlos Quintáns Eiras foi finalista dos premios FAD e Mies van der Rohe.[3]
Festas
As festas celébranse na honra a San Xoán os días 24 e 25 de xuño.
Lugares e parroquias
Lugares de Seoane do Courel
Lugares da parroquia de Seoane do Courel no concello de Folgoso do Courel (Lugo) | |
---|---|
Cima de Vila | Ferrería Vella | Fondo de Vila | Mercurín | Moreda | Parada | Piñeira | Seoane do Courel | Vales |
Parroquias de Folgoso do Courel
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads