Sergio Busquets

futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia

Sergio Busquets
Remove ads

Sergio Busquets Burgos, nado en Sabadell, provincia de Barcelona, o 16 de xullo de 1988, é un futbolista catalán. En 2010 xogaba como centrocampista no Fútbol Club Barcelona, da Primeira División de España.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

É fillo de Carles Busquets, ex gardameta tamén do Barcelona, e que actualmente é o adestrador de porteiros do club catalán.

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[1]

Remove ads

Traxectoria

Aínda que nado en Sabadell, creceu na veciña Badia del Vallès e deu os seus primeiros pasos no Jabac de Terrassa, ata que en 2005 ingresou no fútbol base do FC Barcelona. Na súa primeira tempada no Xuvenil A do club azulgrana logrou o triplete, integrando un histórico con novas promesas como Bojan Krkić.

A súa progresión fixo que en maio de 2007 Frank Rijkaard convocáselle para os partidos do primeiro equipo na Copa Catalunya, chegando a disputar algúns minutos da final, na que os azulgranas lograron o título ao imporse ao RCD Espanyol.[2]

A tempada 2007/08 xogou ás ordes de Pep Guardiola no filial do Barcelona, co que quedou campión de Terceira División, logrando o ascenso a Segunda B. Busquets foi aliñado en 23 partidos, nos que marcou dous tantos.

A seguinte tempada, Guardiola, á fronte do primeiro equipo, decidiu levar a Busquets á concentración de pretempada, dándolle minutos na Copa Catalunya -onde anotou o seu primeiro gol oficial como azulgrana- e o Trofeo Joan Gamper. Pouco despois chegaría o seu debut en Primeira División; foi o 13 de setembro de 2008, na segunda xornada de liga, cando xogou os noventa minutos ante o Racing de Santander. Rapidamente, e a pesar de ter ficha non profesional co filial, logrou consolidarse como titular no primeiro equipo azulgrana. A súa progresión tamén chamou a atención do seleccionador español, Vicente del Bosque, debutando coa selección sub 21 en outubro de 2008.[3]

O 22 de outubro de 2008 logrou o seu primeiro gol co primeiro equipo azulgrana, coincidindo co seu debut na Liga de Campións, nunha partida fronte ao FC Basilea gañado polos cataláns por 0 a 5.[4]

O 22 de decembro de 2008 renovou o seu contrato co Barcelona ata 2013.[5]

O 27 de maio de 2009 foi aliñado na final da Champions League fronte ao Manchester United, sendo gañada por 2 goles a 0.

Remove ads

Selección nacional de España

O 11 de outubro de 2008 debutou coa selección de España sub-21[6] nun partido de clasificación para a Eurocopa da categoría ante Suíza, no que anotou un gol.[7]

O 6 de febreiro de 2009 Vicente del Bosque convocouno para xogar coa selección absoluta por primeira vez, para un partido amigable ante Inglaterra, aínda que non chegou a xogar.[8]

Tería que esperar uns meses, ata o 1 de abril de 2009, para debutar coa camiseta española, nun encontro de clasificación para a Copa Mundial de Fútbol de 2010 disputado en Turquía. Busquets entrou no minuto 77 de partido en substitución de David Silva.[9]

En xuño de 2009 o seleccionador Vicente del Bosque incluír na lista de convocados para disputar a Copa Confederacións.

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.

Remove ads

Clubs

Actualizado o 28 de abril de 2010

Máis información Club, País ...

Palmarés

Campionatos nacionais

Máis información Título, Club ...

Campionatos internacionais

Máis información Título, Club ...

Outros

Máis información Título, Club ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads