Sidro Labrego

santo e labrego mozárabe From Wikipedia, the free encyclopedia

Sidro Labrego
Remove ads

San Sidro Labrego,[1] (en latín: Ysidorus Agricola; en castelán: Isidro Labrador), nado en Madrid, c. 1082[2] e finado ibídem o 15 de maio de 1130, foi un labrego mozárabe coñecido pola súa piedade cara aos animais e os pobres. É o patrón católico dos labregos, e de Madrid; El Gobernador, Xalisco; La Ceiba, Honduras; e de Tocoa, Honduras. A súa festa celébrase o 15 de maio.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Estivo posiblemente ao servizo da familia Vargas e doutros tantos señores terratenentes como Francisco Vera. O seu traballo como xornaleiro máis mencionado polos biógrafos é a cargo de Juan de Vargas,[3] e realizouse principalmente na área de Madrid e arredores. Coñécense algúns detalles da súa vida polos encomios que indica un códice atopado na Igrexa de Santo André en 1504 (denominado como Códice de San Sidro e escrito a finais do século XII). Neste documento menciónase que estaba casado, que tiña un fillo e proporciona referencia de só cinco milagres, sendo os demais engadidos posteriormente procedentes da tradición oral durante o seu proceso de beatificación por varios hagiógrafos. A pesar de que aínda non estivese canonizado, os madrileños rendíanlle culto dende o século XII que foi medrando axiña en séculos posteriores. Por iso, as autoridades eclesiásticas, municipais, a aristocracia madrileña e a coroa real española encabezaron o seu proceso de canonización no século XVI.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads