Xalisco

estado de México From Wikipedia, the free encyclopedia

Xaliscomap
Remove ads

Xalisco[1][2] (en castelán: Jalisco) é un dos 31 estados de México. Limita ó norte cos estados de Nayarit, Zacatecas e Aguascalientes, ó leste con Aguascalientes, Zacatecas, San Luis Potosí, Guanajuato e Michoacán, ó sur con Michoacán, Colima e o océano Pacífico e Nayarit.[3] A súa área é de 78.588 km²,[4] e a súa poboación era de 7.844.830 habitantes en 2050.[5] A capital do estado é a cidade de Guadalaxara, que tamén é a súa cidade máis habitada. En certas partes da capital o nivel de vida é comparábel ao de países como España e Italia, pero tamén ten desigualdades sociais e pobreza nos barrios periféricos. A súa zona metropolitana está formada polos municipios de Zapopan, Juanacatlan, El Salto, Tlaquepaque, Tonalá, Tlajomulco de Zúñiga e Ixtlahuacán del Río.

Datos rápidos Lema, Localización ...

Xalisco é a cuarta entidade federativa máis poboada de México, e o cuarto estado máis desenvolvido en canto a actividades económicas, industriais, comerciais e culturais por debaixo de México Distrito Federal, Nuevo León e Baixa California.

Remove ads

Étimo

O topónimo Xalisco identifícase co nome náhuatl de Xālīxco (cfr. náhuatl actual Xālli (area), īxtli (cara), e o sufixo de lugar -co). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "sobre a superficie da area".[6]

Historia

Os primeiros achados arqueolóxicos en Xalisco teñen unha datación de máis de 20.000 anos, eran pobos que se dedicaban á caza e á recolleita de plantas e froitas silvestres. Arredor do 5.000 a.C. comezan a cultivar as primeiras plantas silvestres.

Cando pobos do norte, seguramente por motivos climáticos, migraron ao centro de México e deron lugar a sociedades militaristas ao ter que dominar aos pobos asentados con anterioridade nos territorios nos que se estableceron.

No occidente de México déronse tres vagas migratorias diferentes, a tolteca nos séculos X e XII, a chichimeca, no XII e a mexica no XV. Os nómades nun proceso longo convertéronse en bandas seminómades e posteriormente en comunidades sedentarias como os caxcanes, tecos e tepehuanos (fillos dunha familia chamada uto-aztecana).

Durante a época colonial formou parte da rexión administrativa e política da Nova Galicia. Ao conquistar México a súa independencia de España, cambiouse o seu nome polo de Estado libre y soberano de Jalisco. En 1867 o Presidente Benito Juárez separou o territorio de Nayar. Anos despois este territorio constituíuse como o estado de Nayarit.

Thumb
Imaxe de Porto Vallarta, Xalisco.
Remove ads

Demografía

A poboación no Estado de Xalisco era de 6.753.113 habitantes en 2005, dos cales na zona Metropolitana de Guadalaxara vivían 4.000.000 segundo o INEGI do ano 2000.

A taxa de crecemento de poboación xeral para Xalisco foi de 1,8% no período 2000-2005, e estimouse que a poboación economicamente activa era de 1.756.501 persoas en 2002.[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads