Simón, apóstolo
apóstolo cristián From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Simón, dito Simón, o celote (ou o Celador) ou Simón, o Cananeo, natural da Galilea, foi un dos discípulos de Xesús Cristo que formou parte do grupo dos doce apóstolos. Refírese coma o Cananeo de acordo co Libro de Mateu e coma o celote no Libro de Lucas e en Feitos dos Apóstolos.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Simón.
Remove ads
A palabra grega Cananeo e a palabra celote, derivada do aramaico, significan a mesma cousa: "celoso". Suponse por ese apelido que Simón pertencía á seita xudaica coñecida como celotes.
Remove ads
Ministerio
Non se sabe con exactitude cal sería o ministerio de Simón posteriormente. Algunhas tradicións colócano como grande auxiliador no estabelecemento do cristianismo en Exipto, xunto con San Marcos e Filipe en Siria, con todo, podería ter evanxelizado tamén polo norte de África, por Asia menor e a Península Ibérica. De aí, podería ter partido con Xudas Tadeu para a Mesopotamia e Siria, onde se encontrou con outros Apóstolos que por aló evanxelizaban. A seguir, partiría para Persia. A súa predicadión parécese á dos outros catro apóstolos que foron para o Oriente, considerada por algúns como ascética e xudaica, como as preservadas na Epístola canónica de Xudas.
Remove ads
Martirio

Segundo o cronista cristián Hexésipo, Simón encontrou o martírio no tempo do emperador Traxano, cando contaba con, aproximadamente, 120 anos de idade. As versións sobre a súa execución diverxen: unhas falan sobre a crucifixión e outras tradicións menos seguras, dunha morte na fogueira en Armenia. A tradición católica di que Simón foi martirizado cortado ao medio vivo cunha serra.
Remove ads
Iconografía
O apóstolo é representado tendo na súa man dereita un libro aberto, que simboliza a evanxelización dinámica e que a Palabra de Deus é sempre actual. Na man esquerda, a serra, ferramenta utilizada para o seu martirio. Cos ollos fitos no libro, lembra o amor a Deus por riba de todas as cousas.
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Simón, apóstolo ![]() |
Outros artigos
Bibliografía
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads