Simferópol
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Simferópol[1] (en ucraíno, en ruso e en búlgaro Сімферóпол, transliterado Simferópol; en turco Ak Mejid; en tártaro de Crimea Aqmescit -isto é, "Mesquita Branca"-; en xeorxiano: Սիմֆերոպոլ; en grego antigo Συμφερόπολις -Symferópolis, que quere dicir cidade do ben común-) é unha cidade ucraína, capital da República Autónoma de Crimea. É tamén a capital do distrito (raion) de Simferópol.
Remove ads
Historia
A cidade contén dentro dos seus límites l Neápolis escita, forma en que se denomina o sitio arqueolóxico no que se encuentran as ruínas do que fora unha antiga capital dos escitas de Crimea.

Posteriormente, os tártaros de Crimea levantarían na zona a cidade de Aqmescit, que sería renomeada como Simferópol en 1784, tras a conquista de Crimea por Catarina a Grande. A cidade converteríase en 1802 no centro administrativo do Goberno xenal da Táurida. Xogou tamén un importante papel durante a guerra de Crimea (1854-1856), albergando as reservas do exército ruso e un hospital.
Dentro do contexto da guerra civil rusa, a cidade foi capturada polo Exército vermello o 13 de novembro de 1920, e elixida capital da República Socialista Soviética Autónoma de Crimea o 18 de outubro do ano seguinte.
Durante a segunda guerra mundial, Simferópol estivo ocupada polo exército alemán desde o 1 de novembro de 1941. Máis de 22.000 habitantes da cidade, na súa maioría rusos e xudeus, morreron a mans dos alemáns durante o período de ocupación, que culminou coa liberación por parte dos soviéticos o 13 de abril de 1944.
Despois da guerra, en 1954, a cidade, xunto a toda a península de Crimea, foi asignada administrativamente por Khrushchev á República Socialista Soviética de Ucraína.
Independencia de Ucraína
Tras a disolución da Unión Soviética en 1991, Simferópol converteuse na capital da República Autónoma de Crimea, dentro da recentemente independizada Ucraína.
Remove ads
Poboación e infraestruturas
Segundo o censo de 2001, Simferópol tiña unha poboación de 363.600 habitantes, a maior parte dos cales eran etnicamente rusos (66,7 % do total), con minorías formadas por ucraínos (21,3 %) e tártaros de Crimea (7 %) e belarusos (1,1 %).[2]
A cidade está dividida en tres distritos: Zalíznytxnyi, Tsentralnyi e Kýivskyi, con catro establecementos urbanos (Ahrarne, Aeroflotskyi, Hriesivskyi e Komsomolske) e unha vila (Bitumne). Está na beira do río Salgir.
O seu nome tártaro fai referencia a unha mesquita, pero a cidade tiñaa cinco (das que tres se conservaron até o século XX). Era a residencia do kalghay ou herdeiro do Khanato de Crimea, que vivía n nun palacio á esquerda do Salgir, o cal foi demolido ao final do século XVIII.
A cidade conta cunha terminal de ferrocarrís e un aeroporto internacional.
A liña de trolebús máis loga do mundo,[3] cunha lonxitude de 86 km, une Simferópol con Ialta, na costa do mar Negro.
Tamén conta coa universidade nacional Taurida V. Vernadsky.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

