Simple Minds

From Wikipedia, the free encyclopedia

Simple Minds
Remove ads

Simple Minds é unha banda escocesa de rock band formada en Glasgow no ano 1977. O grupo editou unha serie de exitosos sinxelos, facéndose internacionalmente coñecido por "Don't You (Forget About Me)" (1985), que chegou ao número 1 da lista Billboard Hot 100 nos Estados Unidos. Outros sinxelos comercialmente exitosos foron "Glittering Prize" (1982), "Someone Somewhere in Summertime" (1982), "Waterfront" (1983) e "Alive and Kicking" (1985), así como o número 1 no Reino Unido "Belfast Child" (1989).

Datos rápidos Orixe, Período ...

Simple Minds conseguiu cinco números 1 na lista británica de álbums,[1] Sparkle in the Rain (1984), Once Upon a Time (1985), Live in the City of Light (1987), Street Fighting Years (1989) e Glittering Prize 81/92 (1992); vendendo máis de 60 millóns de álbums.[2] Foi a banda escocesa máis exitosa dos anos 80.[3] Simple Minds tamén tivo un éxito considerable nas listas dos Estados Unidos, Australia, Alemaña, España, Italia e Nova Zelandia.[1] A pesar de varios cambios de persoal, o grupo continúa gravando e xirando.

En 2014 Simple Minds recibiu o premio Q Inspiration Award pola súa contribucións á industria musical e un Ivor Novello Award en 2016 á Mellor Colección de Cancións da Academia Británica de Compositores e Autores.[4] Outros recoñecementos destacables inclúen nomeacións a dous MTV Video Music Award por "Don't You (Forget About Me)" en 1985, unha nomeación a un Brit Award en 1986 e unha ao American Music Award en 1987.[5] "Belfast Child" foi nomeada a Canción do Ano nos Brit Awards de 1990.

O núcleo de Simple Minds está formado polos dous membros orixinais que quedan, Jim Kerr (voces) e Charlie Burchill (guitarra, teclados, saxofón e violín). Os outros membros actuais son Ged Grimes (baixo), Cherisse Osei (batería), Sarah Brown (coros), Gordy Goudie (guitarras e teclados) e Berenice Scott (teclados). Entre os seus ex-membros destacan Mick MacNeil (teclados), Derek Forbes (baixo), Brian McGee e Mel Gaynor (batería).[6]

Remove ads

Discografía

Álbums

Máis información Álbum, Ano ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads