Simulium
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Simulium é un xénero de moscas negras da familia Simuliidae, que poden transmitir doenzas como a oncocercíase (cegueira dos ríos).



É un xénero grande con case 2.000 especies e 38 subxéneros.[1]
Estas moscas aliméntanse en lagoas. Chuchan sangue e a súa saliva, que contén anticoagulantes, varios encimas e histamina, mestúrase co sangue cando pican, impedindo que se coagule ata que é inxerido pola mosca. Estas picadas causan danos localizados nos tecidos, e se o número de moscas que se alimentan é suficientemente grande, poden producir anemia.
A reacción do hóspede aos ataques da mosca pode ser doenzas sistémicas, reaccións alérxicas ou mesmo a morte, probablemente polos efectos da histamina. Nos humanos esta reacción sistémica denomínase ás veces "febre da mosca negra" e caracterízase por dores de cabeza, febre, náuseas, adenite, dermatite xeneralizada e asma alérxica.
Remove ads
Sistemática
Subxéneros:
- Afrosimulium Crosskey, 1969
- Anasolen Enderlein, 1930
- Asiosimulium Takaoka & Choochote, 2005
- Aspathia Enderlein, 1935
- Boophthora Enderlein, 1921
- Boreosimulium Rubtsov & Yankovsky, 1982
- Byssodon Enderlein, 1925
- Chirostilbia Enderlein, 1921
- Crosskeyellum Grenier & Bailly-Choumara, 1970
- Daviesellum Takaoka & Adler, 1997
- Ectemnaspis Enderlein, 1934
- Edwardsellum Enderlein, 1921
- Eusimulium Roubaud, 1906
- Freemanellum Crosskey, 1969
- Gomphostilbia Enderlein, 1921
- Hebridosimulium Grenier & Rageau, 1961
- Hellichiella Rivosecchi & Cardinali, 1975
- Hemicnetha Enderlein, 1934
- Inaequalium Coscarón & Wygodzinsky, 1984
- Inseliellum Rubtsov, 1974
- Lewisellum Crosskey, 1969
- Meilloniellum Rubtsov, 1962
- Metomphalus Enderlein, 1935
- Montisimulium Rubtsov, 1974
- Morops Enderlein, 1930
- Nevermannia Enderlein, 1921
- Notolepria Enderlein, 1930
- Obuchovia Rubtsov, 1947
- Phoretomyia Crosskey, 1969
- Pomeroyellum Rubtsov, 1962
- Psaroniocompsa Enderlein, 1934
- Psilopelmia Enderlein, 1934
- Psilozia Enderlein, 1936
- Pternaspatha Enderlein, 1930
- Rubzovia Petrova, 1983
- Schoenbaueria Enderlein, 1921
- Simulium Latreille, 1802
- Trichodagmia Enderlein, 1934[2]
- Wallacellum Takaoka, 1983
- Wilhelmia Enderlein, 1921
- Xenosimulium Crosskey, 1969
Especies:
Remove ads
No folclore balcánico
Na mitoloxía serbia hai unha lenda sobre o que chaman un ala (demo) (unha entidade feminina asociada coas sarabiadas, a loucura e as doenzas) que morreu nunha cova preto da cidade de Golubac, e o seu corpo descomposto envía todas as primaveras un enxame de moscas Simulium colombaschense que chuchan o sangue e transmiten doenzas.[3][4] O nome específico da mosca, colombaschense significa 'de Golubac' (e o nome da cidade en serbio significa 'pombal', o cal está relacionado co latín columba, 'pomba').[5]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads