Simúlidos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Simúlidos
Remove ads

Os simúlidos (Simuliidae) constitúen unha familia de dípteros da infraorde Cuculimorpha, xeralmente chamados moscas negras. Están relacionados cos Ceratopogonidae, Chironomidae e Thaumaleidae. Nomeáronse formalmente 2.200 especies de simúlidos, das cales 15 están extintas.[2] A familia está dividida en dúas subfamilias: Parasimuliinae, que contén un só xénero e catro especies, e Simuliinae, que contén o resto. Unhas 1.800 especies pertencen ao xénero Simulium.[2]

Máis información Clasificación científica, Subfamilias ...

A maioría dos simúlidos nútrense de sangue de mamíferos, incluíndo os humanos, aínda que os machos se alimentan principalmente de néctar. Son normalmente moscas pequenas, negras ou grises, con patas e antenas curtas. Son unha molestia común para os humanos, e moitos países teñen programas para suprimilas. Espallan diversas doenzas, como a oncocercíase (cegueira dos ríos) en África (por causa de Simulium damnosum e S. neavei) e en América (por causa de S. callidum e S. metallicum en América Central, e por S. ochraceum en América Central e do Sur).

Remove ads

Ecoloxía

Poñen os ovos en augas correntes, e as larvas adhírense ás rochas. O éxito reprodutivo é moi sensible á contaminación.[3] As larvas usan diminutos ganchos no extremo do abdome para agarrarse ao substrato, usando unha fixación de seda e filamentos para moverse ou manterse no seu lugar. Teñen abanos pregables que rodean as bocas, tamén chamados "cepillos bucais".[4] Os abanos expándense cando están comendo, recollendo os residuos que pasen (pequenas partículas orgánicas, algas e bacterias). As lavas raspan a captura que fixo o abano na súa boca cada poucos segundos. Os simúlidos dependen de hábitats lóticos para a provisión de comida. Pupan baixo a auga e despois emerxen nunha burbulla de aire como adultos voadores. A miúdo son depredados polas troitas cando saen da pupa. As larvas dalgunhas especies surafricanas son foréticas sobre ninfas de efémeras (viven pegadas a elas e trasládanse con elas).[Cómpre referencia]

Thumb
Femia de simúlido.

Os machos adultos aliméntanse de néctar, mentres que as femias mostran anautoxenia e aliméntanse de sangue antes de poñeren ovos. Algunhas especies de África poden trasladarse a 64 km desde os seus sitios de reprodución acuáticos en busca de racións de sangue, mentres que outras especies teñen rangos máis limitados. Diferentes especies prefiren diferentes hóspedes como fonte do sangue do que se alimentan, o cal ás veces se reflicte no nome común das especies. Aliméntanse polo día, preferiblemente cando a velocidade do vento é baixa.[Cómpre referencia]

Os simúlidos poden ser univoltinos (teñen unha xeración por ano) ou multivoltinos (teñen varias), dependendo da especie. O número de xeracións que ten cada ano unha determinada especie que é praga adoita correlacionarse coa intensidade dos esforzos humanos para controlar estas pragas.[Cómpre referencia]

Remove ads

Efectos rexionais das poboacións de simúlidos

Thumb
Os simúlidos atacan unha expedición en canoa no río Dubawnt, Nunavut.
  • Nas zonas máis húmidas das latitudes septentrionais de América do Norte, incluíndo partes de Canadá, Nova Inglaterra, norte de Nova York, Minnesota, e a Península Superior de Míchigan, as poboacións de simúlidos aumentan desde finais de abril a xullo, converténdose nunha molestia para os humanos nas actividades comúns no exterior das casas, como a xardinaría, navegación de recreo, camping, mochileo, e mesmo camiñar. Poden ser tamén unha molestia significativa en áeas montañosas.
  • Son un auténtico flaxelo para o gando en Canadá, causando perda de peso no gando e ás veces a morte.[5]
  • Pensilvania aplica o maior programa de control das moscas negras dos Estados Unidos. O programa considérase beneficioso para a cualidade de vida dos residentes e para a industria turistica do estado.[6]
  • En Inglaterra, Simulium posticatum era antes un problema de saúde na zona de Blandford Forum, Dorset, debido á súa abundancia e as lesións dolorosas que causaba a súa picada. Finalmente conseguiu controlarse utilizando coidadosamente aplicacións da bacteria Bacillus thuringiensis israelensis.[7] En 2010, un brote no verán de picadas destes insectos fixo que moitas das persoas picadas fosen tratadas en hospitais.[8]
  • En Nova Zelandia, abundan as Austrosimulium australense e A. ungulatum, que son simúlidos que alí se chaman sandflies.[9]
  • En partes de Escocia, varias especies destas moscas son unha molestia e pican as persoas, principalmente entre maio e setembro. Atópanse principalmente en bosques mixtos de bidueiros e cimbros, e en alturas menores en bosques de piñeiros, parameiras e pasteiros. As picadas prodúcense principalmente na cabeza, pescozo e costas e tamén se pousan frecuentemente en pernas e brazos.
  • Na península de Malaisia descubríronse 35 especies de simulidos no estadio preimaxinal nun estudo en 2016, como Simulium digrammicum, que se consideraba extinta localmente.[10]
Remove ads

Saúde pública

Soamente catro xéneros da familia Simuliidae (Simulium, Prosimulium, Austrosimulium e Cnephia) contñen especies que se alimentan das persoas, aínda que hai outras especies que prefiren alimntarse doutros mamíferos ou de aves. Simulium, o xénero tipo, é o máis espallado e é vector de varias doenzas, como a oncocercíase (cegueira dos ríos).

Os adultos maduros poden dispersarse a decenas ou centos de quilómetros dos seus terreos de reprodución en augas doces correntes, grazas á súa proia potencia de voo ou axudándose dos ventos prevalecentes, o que complica as medidas de control. O comportamento de enxamear pode facer que as actividades ao aire libre non sexan pracenteiras ou sexan intolerables, e pode afectar a produción do gando. No século XVIII, a "mosca Golubatz" (Simulium colombaschense) foi unha famosa praga en Europa central.[11] Mesmo as nubes de moscas negras que non pican, se están compostas de machos ou de especies que non se alimentan dos humanos ou non necesitan comer sangue antes da posta dos ovos, poden orixinar unha molestia por enxamearen en orificios.

As picadas son pouco profundas e realízanse estirando primeiro a pel co uso dos dentes do labro e despois erosionándoa coas maxilas e mandíbulas, cortando a pel e rompendo os seus finos capilares. A alimentación está facilitada por un potente anticoagulante contido na saliva da mosca, que tamén anestesia parcialmente o sitio da picada, reducindo a percepción do hóspede de que está sendo picado e, dese xeito, aumenta o tempo que ten a mosca para se alimentar. As moscas que pican aliméntanse só nas horas diúrnas e tenden a concentrarse nas áreas do corpo de pel fina, como a caluga, as orellas ou os nocellos.

O resultado dunha picada pode ser proído, inchazón localizada e inflamación. A inchazón pode ser bastante pronunciada dependendo da especie e da resposta do sistema inmunitario do individuo, e a irritación pode persistir semanas. A alimentación intensa pode causar a "febre da mosca negra", que cursa con dor de cabeza, náuseas, febre, inchazón dos ganglios linfáticos e dores articulares; estes síntomas son probablemente unha reacción a un composto das glándulas salivares da mosca. Son menos comúns as reaccións aléricas graves que poden necesitar hospitalización.[12][13]

Os repelentes para insectos proporcionan algunha protección contra estas moscas. Os produtos que conteñen o ingrediente activo etil butilacetilaminopropionato (IR3535), DEET (N,N-dietil-meta-toluamida), ou picaridina son os máis efectivos. Algúns produtos de beleza son tamén efectivos.[14] O uso destes produtos en repelentes de insectos foi aprobado pola EPA (Estados Unidos) e a ECHA (Europa).[15][16] Porén, dada a limitada efectividade dos repelentes, para protexerse contra as picadas cómpre tomar medidas adicionais, com evitar áreas habitadas polas moscas, evitar os momentos do día de máximas picadas, usar roupas resistentes de cores claras, incluíndo as camisas de manga longa, pantalóns longos e chapeus. Cando as moscas negras son numerosas e inevitables, as redes que cobren a cabeza como as usadas en apicultura poden servir de protección.[17]

Oncocercíase

As moscas negras son un importante vector de transmisión do nematodo parasito Onchocerca volvulus, que causa a oncocercíase ou "cegueira dos ríos", que é endémica de partes de América do Sur, África e a Península Arábiga. Serve como hóspede das larvas do nematodo. O parasito vive na pel humana unha vez que é transmitido polas picadas da mosca.[13] En África os vectores adoitan ser Simulium damnosum e S. neavei; en América Central son o S. callidum e S. metallicum, e en América Central e do Sur é o S. ochraceum.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads