Skylab

estación espacial da NASA From Wikipedia, the free encyclopedia

Skylab
Remove ads

Skylab foi unha estación espacial da NASA lanzada o 14 de maio de 1973 mediante un foguete Saturno V desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][5]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Historia

Skylab foi a resultante de equipo sobrante do programa Apolo tras os recortes que eliminaron as últimas misións luares programadas. Como consecuencia quedaron dispoñibles varios Saturno V e outro material que foi adaptado para o lanzamento da que sería a primeira estación espacial dos Estados Unidos.[2][3][5]

Características

Skylab estaba composta de cinco partes: a montura para o telescopio Apolo (ATM), o adaptador para acoplamentos múltiples (MDA), o módulo de esclusa de aire (AM), a unidade instrumental (IU) e o taller orbital (OWS). A estación tiña forma de cilindro cunha lonxitude total de 36,12 m, unha envergadura de 21,0 m e un volume interno de 361 m3, co telescopio formando un ángulo de 90 graos respecto do resto da estación despois de ser lanzada. O telescopio estaba destinado á observación solar e usaba película fotográfica para rexistrar as imaxes que debía ser recuperada polos astronautas mediante unha saída extravehicular. A estación estaba deseñada para ser visitada por naves Apolo, que se acoplaban ao módulo de acoplamento múltiple, permitindo o acceso dos astronautas ao interior. A unidade instrumental foi usada unicamente durante o lanzamento para proporcionar capacidade de guiado e navegación ata a chegada a órbita e posterior despregue do telescopio e os paneis solares. O taller orbital estaba formado por un cilindro que era en realidade unha etapa Saturno 4B modificada para ser habitable por tres astronautas durante longos períodos de tempo e era capaz de producir ata 11 kW de potencia. Contiña provisións e as estancias dos astronautas, permitindo permanecer ata 84 días de maneira continua na estación.[2][3][4][5]

Despois da terceira e última visita tripulada á estación os enxeñeiros de terra fixeron probas coa estación en remoto para comprender determinados fallos e gañar experiencia en sistemas de longa duración no espazo.[2][3][4][5]

A estación foi deixada nunha órbita que se pensou suficientemente estable e segura como para poder ser visitada nos primeiros voos do incipiente programa do transbordador espacial, pero a combinación dunha taxa de diminución da órbita maior do esperada e o atraso nos primeiros voos do transbordador causaron que a estación reentrara na atmosfera o 11 de xullo de 1979. Anacos resultantes da desintegración acabaron dispersos sobre Australia.[1]

Remove ads

Lanzamento

Aos 63 segundos do lanzamento un dos escudos antimeteoritos e o panel solar número 2 foron arrincados debido ás forzas aerodinámicas. Os restos ademais atascaron o panel solar número 1. A estación foi inserida de maneira normal nunha órbita de 435 km de altura, pero debido á falta do escudo antimeteoritos a temperatura no interior da estación comezou a subir perigosamente, chegando a 52 °C. O panel solar número 1 non conseguiu despregarse pero afortunadamente si se despregou o panel que ía montado no telescopio Apolo. A primeira misión tripulada á estación atrasou o seu lanzamento dez días, durante os cales practicaron técnicas para reparar os estragos unha vez a bordo, conseguindo restablecer unhas mínimas condicións de habitabilidade e traballo e permitindo que as dúas expedicións posteriores puidesen facer o seu traballo con normalidade.[2][3][4][5]

Instrumentos

Skylab levaba a bordo instrumentos para realizar diversos experimentos científicos:[2][3][4][5]

  • Un coronógrafo para observacións solares.
  • Un espectroheliómetro para o ultravioleta.
  • Experimentos sobre fabricación no espazo.
  • Varios instrumentos para observación terrestre, entre els:
Remove ads

Misións

A estación foi visitada por tres tripulacións, cada unha composta por tres astronautas, en tres misións distintas:[2][3][4][5]

  • Skylab 2: do 25 de maio ao 22 de xuño de 1973.
  • Skylab 3: do 28 de xullo ao 25 de setembro de 1973.
  • Skylab 4: do 16 de novembro de 1973 ao 8 de febreiro de 1974.

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads