Slanted and Enchanted
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Slanted and Enchanted é o álbum de estrea da banda estadounidense de indie rock Pavement, editado o 20 de abril de 1992 a través do selo Matador Records. O disco foi distribuído aos críticos no ano 1991, meses antes do seu lanzamento oficial. As sesións de gravación dividíronse entre os South Makepeace Studios en Brooklyn, Nova York e os Louder Than You Think Studios en Stockton, California.
No ano 2003 o disco foi situado no número 134 da lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos, quedando na revisión de 2012 no posto 135.[1] En novembro de 2003 a publicación en liña Pitchfork Media escolleuno como o quinto mellor álbum dos anos 90.[2]
Unha versión expandida do álbum formada por dous discos, Slanted and Enchanted: Luxe & Reduxe, publicouse no ano 2002. Xunto cos 14 temas orixinais, inclúe 10 cancións máis das sesións de gravación no disco 1, e o disco 2 está formado polos catro temas do EP Watery, Domestic, sete temas de sesións de gravación e 13 temas ao vivo (dun concerto na Brixton Academy de Londres o 14 de decembro de 1992).
Remove ads
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Stephen Malkmus, agás onde se indique.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads