Solar Maximum Mission

From Wikipedia, the free encyclopedia

Solar Maximum Mission
Remove ads

Solar Maximum Mission, coñecido tamén polo seu acrónimo SMM, foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 14 de febreiro de 1980 mediante un foguete Delta 3910 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida.[2][3][5]

Datos rápidos SMM / Solar Maximum Mission, Tipo ...
Remove ads

Características

A misión de SMM foi estudar de maneira coordinada a actividade solar durante un período de máximo solar de maneira conxunta con outras naves e observatorios, como ISEE 3. SMM adicouse a observar en lonxitudes de onda curtas e en especial as erupcións solares.[2][3][4][5]

O satélite estaba construído de forma modular usando o bus MMS, pensado para ser reparado no espazo. Tiña unhas dimensións de 4 m de longo e 2,3 m de diámetro. A parte superior contiña os instrumentos científicos e os sensores de apuntado, mentres que o módulo inferior contiña os sistemas de control de actitude, enerxía, comunicación e comandos. Entre os dous módulos atopábase o adaptador de transición, ao que ían acoplados dous paneis solares que proporcionaban entre 1500 e 3000 W de potencia.[2][3][4][5]

Dada a importancia da observación coordinada con outros satélites, o segmento de terra deseñouse para facilitar a coordinación da avaliación dos datos, a planificación, as observacións e o envío de comandos á nave e para manexar a resposta ás erupcións solars en tempo real.[2][3][4][5]

SMM tiña os seguintes instrumentos a bordo:[2][3][4][5]

  • Espectrómetro de raios gamma (GRS).
  • Radiómetro Monitor de Irradiancia de Cavidade Activa (ACRIM).
  • Polarímetro con coronógrafo (CP).
  • Espectrómetro de explosións en raios X duros (HXRBS).
  • Cámara espectrómetro de raios X duros (HXIS).
  • Polarímetro e espectróemtro ultravioleta (UVSP).
  • Policromator de raios X (XRP).

O satélite recibiu a visita da misión tripulada STS-41-C para reparar o sistema de control de actitude, o que o converteu no primeiro satélite en ser arranxado en órbita. SMM recolleu datos ata o 24 de novembro de 1989. Os plans para recollelo mediante un transbordador en 1990 e preparalo para novas misións cancelouse e acabou reentrando na atmosfera terrestre o 2 de decembro de 1989.[2][3][4][5]

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads