Sospeita (filme de 1941)
filme de 1941 dirixido por Alfred Hitchcock From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Sospeita[1] (en inglés: Suspicion) é un filme estadounidense de 1941 dirixido por Alfred Hitchcock e protagonizado por Cary Grant e Joan Fontaine. O resto do elenco está composto por Cedric Hardwicke, Nigel Bruce, May Whitty, Isabel Jeans, Heather Angel e Leo G. Carroll. Sospeita baséase na novela de Francis Iles Before the Fact (1932).
Conta a historia dunha muller que casa cun encantador playboy despois de rexeitalo inicialmente. O home resulta non ter un peso, ser xogador e deshonesto ao extremo. Ela chega a sospeitar que tamén é un asasino e que está tentando matala. Polo seu papel como Lina, Joan Fontaine gañou o Óscar á mellor actriz en 1941.
Remove ads
Personaxes
- Cary Grant como Johnnie Aysgarth
- Joan Fontaine como Lina McLaidlaw Aysgarth
- Nigel Bruce como Gordon Cochrane 'Beaky' Thwaite
- Cedric Hardwicke como Xeneral McLaidlaw
- May Whitty como Mrs. Martha McLaidlaw
- Isabel Jeans como Mrs. Helen Newsham
- Heather Angel como Ethel
- Auriol Lee como Isobel Sedbusk
- Reginald Sheffield como Reggie Wetherby
- Leo G. Carroll como Capitán George Melbeck
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads