SpinSat

From Wikipedia, the free encyclopedia

SpinSat
Remove ads

SpinSat, acrónimo de Special Purpose Inexpensive Satellite, foi un satélite artificial do NRL pertencento ao Programa de Probas Espaciais do Departamento de Defensa lanzado o 28 de novembro de 2014 a bordo dun Falcon 9 desde Cabo Cañaveral.[1][5][4]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

SpinSat foi lanzado a bordo da nave de carga Dragon CRS-4 cara a Estación Espacial Internacional. Tiña forma de esfera de 56 cm de diámetro cunha masa de 57 kg e era parte do hardware sen utilizar da misión ANDE 2. Estaba alimentado por baterías e dispoñía de retrorreflectores para medir a súa posición desde terra, antenas e propulsores de propelente sólido controlado electricamente. A súa misión consistiu en medir a eficiencia dos seus propulsores, comprobar a capacidade dos sistemas de seguimento en terra para medir os cambios na traxectoria e posición polos motores da esfera e medir a densidade das capas superiores da atmosfera. Como misión secundaria, SpinSat levaba a bordo un sistema de mensaxería por radio de tipo "almacenar e enviar" cunha potencia de 2 W para a comunidade radioafeccionada.[1][5][4]

O satélite foi enviado á Estación Espacial Internacional na sección presurizada dunha nave de carga Dragon e, unha vez na estación, almacenado no módulo xaponés Kibo ata o día do seu lanzamento, no que foi exectado cara ao espazo mediante o sistema de lanzamento SSIKLOPS. SpinSat reentrou na atmosfera o 11 de marzo de 2017.[1][5][4]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads