Steve Lukather

From Wikipedia, the free encyclopedia

Steve Lukather
Remove ads

Steven Lee "Luke" Lukather, nado o 21 de outubro de 1957 nos Ánxeles[1] (California), é un guitarrista, cantante, compositor e produtor americano, coñecido polo seu traballo na banda americana Toto. Lukather gravou partes de guitarra para máis de 1500 álbums, para unha gran cantidade de artistas e xéneros diferentes. Contribuíu tamén en álbums como compositor ou produtor. Lukather editou seis álbums en solitario, e está a traballar no sétimo.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

En 1976, cando Lukather tiña 19 anos, foi invitado polos seus compañeiros de instituto David Paich e os irmáns Porcaro, Steve e Jeff, a formar parte da súa banda, Toto. Foi membro da banda ata a súa separación no ano 2008, e segue involucrado nas xiras que fan periodicamente. Foi nomeado a doce Premios Grammy, e gañou cinco. Mentres que o seu traballo con Toto baseábase principalmente no pop rock e o seu traballo en solitario no rock progresivo e no hard rock, moitos dos traballos á parte de Lukather céntranse no jazz fusion. Colaborou durante moito tempo co guitarrista de jazz Larry Carlton, e foi membro da banda de jazz fusion Los Lobotomys.

Influenciado por guitarristas de blues rock coma Jimi Hendrix ou Jimmy Page, e outros de jazz fusion coma Al Di Meola e Frank Gambale, Lukather é coñecido polo seu estilo "melódico e intenso". É tamén recoñecido pola súa eficiencia no estudio, xa que pasou de usar moitos efectos de guitarra no estudio e usar o mínimo de efectos no proceso do son.

Remove ads

Discografía

Solo

  • Lukather (1989)
  • Candyman (1994)
  • Luke (1997)
  • No Substitutions: Live in Osaka (2001)
  • Santamental (2003)
  • Ever Changing Times (2008)
  • All's Well That Ends Well (2010)

Toto

Categoría principal: Categoría:Álbums de Toto.

Los Lobotomys

  • Los Lobotomys (1999)

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads