Stranger Things

From Wikipedia, the free encyclopedia

Stranger Things
Remove ads

Stranger Things é unha serie de televisión estadounidense do xénero sobrenatural, ciencia ficción e terror creada polos Irmáns Duffer.[1] Foi escrita e dirixida por Matt e Ross Duffer e o seu produtor executivo é Shawn Levy.[2] A primeira tempada, estreada en xullo de 2016, está protagonizada por Winona Ryder, David Harbour, Finn Wolfhard, Millie Bobby Brown, Gaten Matarazzo, Caleb McLaughlin, Natalia Dyer, Charlie Heaton, Cara Buono e Matthew Modine, xunto con Noah Schnapp e Joe Keery nos papeis secundarios. Na segunda tempada, Schnapp e Keery foron promovidos a actores principais, xunto coas incorporacións Sadie Sink, Dacre Montgomery, Sean Astin e Paul Reiser.

Datos rápidos Tipo, Xénero artístico ...

Está ambientada na vila ficticia de Hawkins, Indiana, na década de 1980. A primeira tempada céntrase na investigación da desaparición dun rapaz no medio de eventos sobrenaturais en toda a vila, nos que está implicada unha rapaza con habilidades psicocinéticas. A rapaza axuda ós amigos do desaparecido a atopalo. A segunda tempada, titulada Stranger Things 2, ocorre un ano despois da primeira, e conta as dificultades dos personaxes de volver á normalidade despois dos eventos ocorridos na primeira tempada.

Estreouse a través da canle Netflix o 15 de xullo de 2016. Recibiu a aclamación da crítica pola súa caracterización, a atmosfera, as actuacións, a banda sonora, o guión e as homenaxes ós filmes da década de 1980. Recibiu tamén varios premios e nomeamentos, incluíndo o Screen Actors Guild ó mellor conxunto de actores dunha serie dramática, e dezaoito nomeamentos ós premios Primetime Emmy. O 31 de agosto de 2016, Netflix renovou a serie para unha segunda tempada de nove episodios, que foi estreada o 27 de outubro de 2017. Os irmáns Duffer confirmaron que a serie continuaría nunha terceira tempada, co obxectivo de concluíla na quinta tempada.

Remove ads

Personaxes

Recorrentes

  • Noah Schnapp como Will Byers
  • Joe Keery como Steve Harrington
  • Shannon Purser como Barbara "Barb" Holland
  • Ross Partridge como Lonnie
  • Rob Morgan como Oficial Powell
  • John Paul Reynolds como Oficial Callahan
  • Randall P. Havens como Scott Clarke
  • Aimee Mullins como Terry Ives
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads