Subidor do norte

From Wikipedia, the free encyclopedia

Subidor do norte
Remove ads

O subidor do norte[2] (Certhia familiaris) é un paxaro de pequeno tamaño da familia dos subidores (Certhiidae).

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Remove ads

Descrición

Os subidores do norte están entre as aves máis pequenas de Europa e son moi semellantes os subidores comúns. Dos que é moi difícil diferencialos a.simple vista . Miden entre 12 e 13 cm., e pesan .uns 9 gramos. O seu bico, aguzado e curvado cara a abaixo, mide de 12 a 14 mm. A cola é relativamente longa, medindo ata 5 cm. A plumaxe é branca na parte inferior do corpo; na superior e da cor da casca das árbores. Teñen unha marca superciliar branca . Femias e machos son semellantes de aspecto. Os subidores do norte poden vivir ata sete anos.

As subespecies hodgsoni, mandellii e khamensis, da beira sur do Himalaia, foron clasificadas recentemente dentro dunha especie separada , o subidor de Hodgson (C. hodgsoni) (Tietze et al., 2006).

Remove ads

Distribución e hábitat

Viven en boa parte da Europa temperada e en partes de Asia. En xeral máis ó norte có subidor común, co que, porén, coinciden nunha ampla zona da Europa occidental. É a única especie de subidor presente nas illas Británicas e en máis de Escandinavia.

Viven en zonas boscosas, con preferencia polos bosques de coníferas ou os mixtos Nas zonas onde ámbolos dous coinciden, o subidor común adoita preferir as coníferas.

Remove ads

Alimentación

Buscan insectos e outros artrópodos que atrapan co bico (especialmente xeitoso para este tipo de tarefa) entre a casca das árbores agatuñando en espirais polos troncos.

Reprodución

Maduran sexualmente ó ano de idade. A época reprodutora va ide marzo a xullo. Fan un niño de coteliños, musgo, pelos de mamífero e plumas, agochado entre cascas soltas das árbores. Poñen entre 5 e oito ovos, que chocan nas femias unhas dúas semanas. Os polos tardan 14 ou 15 días en deixa-lo niño, pero son coidados polos pais aínda durante un tempo.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads