Superman (filme de 1978)
Filme de 1978 dirixido por Richard Donner From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Superman é un filme sobre o personaxe de cómic Superman, o primeiro da serie fílmica de Superman. Foi candidata a tres Óscar e tivo un premio especial da Academia polos seus efectos especiais. Estreouse en galego na TVG o 12 de outubro de 2008.[1]
Remove ads
Sinopse
O planeta Krypton está abocado á súa destrución debido á inestabilidade do uranio que compón o núcleo do planeta, inestabilidade que acaba provocando a explosión do planeta. Jor-El (Marlon Brando), científico e alto cargo do Consello, tras intentar en van convencer o máximo órgano de goberno de Krypton de que se debe proceder á inmediata evacuación do planeta, decide salvar o seu único fillo, o pequeno Kal-el, enviándoo ao planeta Terra. Trala partida, o sol vermello arredor do cal orbita Krypton, Rao, convértese en supernova, á vez que Krypton estoupa.
O bebé é recollido por unha parella de granxeiros, os Kent, que o crían como fillo seu baixo o nome de Clark. Clark non é un humano normal, a súa fisioloxía kriptoniana dótao de incríbeis poderes. Xa adulto Clark Kent (Christopher Reeve) comeza a traballar como periodista para o Daily Planet e terá que salvar a súa compañeira Lois Lane (Margot Kidder) cunha identidade falsa pola que todo o mundo o coñecerá, Superman. Mais a inesperada aparición de Superman non lle gustará nada a Lex Luthor (Gene Hackman), o cal non se vai deixar dobregar por el.
Remove ads
Personaxes
- Marlon Brando como Jor-El
- Gene Hackman como Lex Luthor
- Christopher Reeve como Clark Kent / Superman
- Ned Beatty como Otis
- Jackie Cooper como Perry White
- Glenn Ford como Jonathan Kent
- Trevor Howard como Primeiro Ancián
- Margot Kidder como Lois Lane
- Jack O'Halloran como Non
- Valerie Perrine como Eve Teschmacher
- Maria Schell como Vond-Ah
- Terence Stamp como Xeneral Zod
- Phyllis Thaxter como Martha Kent
- Susannah York como Lara
- Jeff East como Clark Kent de adolescente
- Marc McClure como Jimmy Olsen
- Sarah Douglas como Ursa
- Harry Andrews como Segundo Ancián
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads