Gene Hackman
actor estadounidense (1930–2025) From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Gene Hackman, nado en San Bernardino (California) o 30 de xaneiro de 1930 e finado en Santa Fe (Novo México) o 18 de febreiro de 2025, foi un actor e escritor estadounidense gañador do Óscar e do Globo de Ouro.
Iniciouse na interpretación na década de 1960 e acadou sona durante a década de 1970, despois do seu papel en The French Connection, filme que lle reportou o seu primeiro premio Óscar, e continuou aparecendo en papeis de grande importancia en filmes de Hollywood, demostrando así as súas facultades interpretativas en títulos como Superman, Bat 21, Heist ou The Royal Tenenbaums.
Remove ads
Traxectoria
Fillo dun xornalista que abandonou á súa familia cando Hackman tiña trece anos, Hackman tivo que facer fronte ao alcoholismo da súa nai, que morreu nun incendio que ela mesma provocou. O mozo abandonou a casa da súa nai con dezaseis anos para ingresar na Infantería de Mariña e cando saíu de alí marchou a estudar xornalismo na Universidade de Illinois. Porén, abandonou a facultade e foi facer un curso técnico de radio. Entón decidiu probar a actuación e matriculouse no Pasadena Playhouse en California.
En 1964, debutou en Broadway na obra Any Wednesday e nese mesmo ano protagonizou o filme Lilith, xunto a Warren Beatty. A súa primeira candidatura ao Óscar chegou en 1967 polo seu papel secundario en Bonnie e Clyde. En 1970 foi nomeado de novo para o premio por I Never Sang for My Father.
O Óscar chegou en 1971 polo seu papel de Jimmy 'Popeye', un policía de Nova York que desartellaba unha banda de drogas en The French Connection. Con todo, para o actor, o filme de Francis Ford Coppola A conversación foi o seu mellor traballo.
Hackman tivo algúns problemas cardíacos na década de 1990, mais a pesar da súa mala saúde non deixou de traballar. Co western Sen perdón, dirixido por Clint Eastwood, gañou outro Óscar e un Globo de Ouro. Despois do filme de 2004 Welcome to Mooseport, o seu médico dixo que o seu corazón non estaba en condicións de ser sometido a tensión e decidiu retirarse.[1] Os seus únicos traballos posteriores foron a narración dos primeiros catro episodios da serie da NFL America's Game: The Super Bowl Champions e dous documentais sobre os marines. Tamén apareceu nun episodio de Diners, Drive-Ins and Dives, onde o chef Guy Fieri visitou un restaurante de Santa Fe onde Hackman estaba a comer.[2]
O actor casou dúas veces. Coa súa primeira esposa, caixeira bancaria, tivo tres fillos. En 1991 casou coa pianista clásica Betsy Arakawa. O 26 de febreiro de 2025, Hackman e a súa esposa foron atopados mortos na súa casa de Santa Fe. O actor morreu aos 95 anos, mentres que a súa muller tiña 63.[3]
Remove ads
Filmografía
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
