Cefixima

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Cefixima
Remove ads

Cefixima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. Foi comercializada baixo os nomes de Suprax e Denvar.

Datos rápidos Propiedades xerais, Propiedades estruturais ...
Remove ads

Espectro de acción

Cefixima é activa fronte a bacterias grampositivas: Streptococcus pneumoniae e Streptococcus pyogenes. Tamén é activa fronte a gramnegativos: Haemophilus influenzae, Moraxella catarrhalis, Escherichia coli, Proteus mirabilis e Neisseria gonorrhoeae. Presenta actividade in-vitro, pero non avaliada a eficacia clínica, fronte a Streptococcus agalactiae, Haemophilus parainfluenzae, Proteus vulgaris, Klebsiella pneumoniae, Klebsiella oxytoca, Pasteurella multocida, Providencia spp, Salmonella spp, Shigella spp, Citrobacter amalonaticus, Citrobacter diversus e Serratia marcescens[1].

Remove ads

Indicacións clínicas

Cefixima está aprobada para as seguintes indicacións clínicas:

Dosificación

Unicamente existe formulación oral. A dose estándar é de 200 a 400 miligramos cada 12 ou 24 horas. A dose debe ser axustada en insuficiencia renal grave (filtrado menor de 10) e en poboación pediátrica[2].

Embarazo e lactación

Cefixima atópase na categoría B da FDA de fármacos durante o embarazo. Descoñécese se se excreta no leite materno, polo que se recomenda suspender a lactación mentres se tome cefixima[3].

Efectos secundarios

Semellantes ao resto de cefalosporinas, destacan as molestias gastrointestinais e a diarrea.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads