Proteus mirabilis

From Wikipedia, the free encyclopedia

Proteus mirabilis
Remove ads

Proteus mirabilis é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo anaerobia facultativa. Presenta mobilidade enxameante (móvense coordinadamente na superficie das placas forman colonias con determinadas figuras de círculos concéntricos) e actividade de urease. P. mirabilis causa o 90% de todas as infeccións por Proteus en humanos. Está amplamente distribuída no solo e auga.[1]

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Thumb
Proteus mirabilis que aparece como un bacilo gramnegativo na tinguidura de Gram vista con microscopio de campo brillante a un aumento de 1000x.
Remove ads

Diagnose

Unha mostra de urina alcalina é un posible signo de P. mirabilis. Pode diagnosticarse no laboratorio pola súa característica mobilidade de enxameamento, e a incapacidade de metabolizar a lactosa (en placas de ágar MacConkey, por exemplo). Tamén produce un claro cheiro a peixe.

Doenzas

Este bacilo ten a capacidade de producir altos niveis de urease, que hidroliza a urea a amoníaco (NH3), polo que fai que a urina se volva máis alcalina. Se non se trata, esta alcalinidade pode orixinar a formación de cristais de estruvita, carbonato de calcio, ou apatita, o que ten como resultado a formación de cálculos renais. As bacterias poden encontrarse nos cálculos, e estas bacterias que están axexando agochadas nos cálculos poden reiniciar a infección despois dun tratamento con antibióticos. Unha vez que se desenvolven os cálculos, co tempo estes poden crecer dabondo como para causar obstrución e insuficiencia renal. As especies de Proteus poden tamén causar infeccións, septicemias e pneumonías, principalmente en pacientes hospitalizados.[2]

Remove ads

Tratmento

P. mirabilis xeralmente é susceptible á maioría dos antibióticos excepto a tetraciclina e a nitrofurantoína,[3] pero do 10 ao 20% das cepas de P. mirabilis son tamén resistentes a ampicilina e cefalosporinas de primeira xeración.[4]

Características

P. mirabilis pode utilizar a urea. Produce o gas sulfuro de hidróxeno, e forma películas claras sobre medio de crecemento. É móbil, xa que posúe flaxelos peritricos, e coñécese pola capacidade de enxamearse. Atópase xeralmente nos tractos intestinais humanos. P. mirabilis non é patóxena en coello de Indias ou polos. É salientable a capacidade desta especie de inhibir o crecemento de cepas non relacionadas, o que ten como resultado unha liña macroscopicamente visible de redución do crecemento bacteriano onde se intersectan dúas cepas que se enxamean. Esta liña denomínase liña de Dienes en honor do seu descubridor Louis Dienes.

Probas bioquímicas que se realizan a este organismo, e resultado:

  • É indol negativa e nitrato redutase positiva (non produce burbullas de gas)
  • É vermello de metilo positiva e Voges-Proskauer negativa (pero pode ser vermello de metilo negativa e Voges-Poskauer positiva)
  • É catalase positiva e citocromo oxidase negativa
  • É fenilalanina desaminase positiva
  • É negativa na proba do triptófano
  • É positiva na proba da urea
  • É negativa na proba da caseína
  • É negativa na proba do amidón
  • É positiva na proba do sulfuro de hidróxeno
  • É citrato positiva
  • É ornitina descarboxilase positiva
  • É lisina descarboxilase negativa
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads