Gonorrea

infección de transmisión sexual From Wikipedia, the free encyclopedia

Gonorrea
Remove ads

A gonorrea,[1] do grego γονόρροια, (gonórrhoia: fluxo de seme), tamén denominada blenorraxia,[2] blenorrea e gonococia,[3] é unha infección de transmisión sexual (ITS) provocada pola bacteria Neisseria gonorrhoeae ou gonococo, cuxo hóspede específico é o ser humano. Afecta principalmente as mucosas do aparello xenital e urinario, pero tamén pode afectar a conxuntiva ocular, a farinxe e o recto. As súas características máis habituais son a secreción purulenta pola uretra no home e a consecuencia de infertilidade na muller.[4]

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Remove ads

Historia

A gonorrea recoñeceuse e describiuse dende a antigüidade, onde é mencionada en papiros exipcios, e sábese que no terceiro milenio antes de Cristo xa causaba estragos en Asia. Hipócrates fixo un diagrama da infección gonocócica, ó disecar a uretra dos homes que estaban infectados por este axente e anotou modificacións no tecido epitelial, secretación e unha estenose (estreiteza) uretral que con frecuencia acompaña á doenza non tratada.[5]

No ano 130, Galeno instaurou o termo gonorrea, proveniente do grego antigo γονόρροια, («gonórrhoia»), forma composta de γόνος («gonos»: semente, xenitais) e ῥέω, («rhêo»: fluxo); é dicir, «fluxo de semente», ou fluxo seminal, pola impresión errónea de considerar á secreción purulenta que sae pola uretra como unha espermatorrea.

A Neisseria gonorrhoeae, organismo causal da enfermidade, foi descuberta polo médico alemán Albert Neisser (de aí o seu nome) en 1879.

Remove ads

Epidemioloxía

A Organización Mundial da Saúde (OMS), estima que se producen 106 millóns de casos novos no mundo cada ano.[6] Nos Estados Unidos de América, a gonorrea foi unha das enfermidades contaxiosas de maior frecuencia dende 1965. Nese país, a incidencia de infeccións causadas por N. gonorrhoeae é de aproximadamente 375 casos por cada 100 000 habitantes. En México a incidencia descendeu na segunda metade do século XX, dende 213 casos por cada 100 000 habitantes en 1941 a 20 casos sobre o mesmo denominador en 1989. Na década de 1990, a tendencia en México mantívose descendente, cunha incidencia en 1995 e 1996 de 8,8 e 13,7 por cada 100 000 habitantes, respectivamente.

Remove ads

Patoxenia

Thumb
Neisseria gonorrhea

Os primeiros lugares que afecta a bacteria son o epitelio columnar da uretra e endocérvix. O recto, a farinxe e a conxuntiva dos ollos tamén poden verse infectados. A vulva e a vaxina das mulleres, normalmente, tamén son afectadas, posto que están ligadas coas células epiteliais. Nas mulleres, o colo uterino adoita ser o primeiro sitio infectado.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads