Suzi Quatro
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Susan Kay "Suzi" Quatro,[1] nada en Detroit o 3 de xuño de 1950, é unha cantautora, baixista e actriz estadounidense-británica, a primeira muller baixista que se converteu nunha estrela de rock coñecida, o que rompeu unha barreira para que as mulleres participasen no rock.[2][3]
Na década de 1970, Quatro tivo unha cadea de éxitos que tiveron máis éxito en Europa e Australia que no seu país. Porén, tras un papel recorrente como a baixista Leather Tuscadero na popular serie estadounidense Happy Days en 1977 e o seu dúo "Stumblin' In" con Chris Norman, que chegou ao número 4 nos Estados Unidos en 1979, fíxose famosa tamén para o público estadounidense.
Entre 1973 e 1980, Quatro recibiu seis premios Bravo Otto. En 2010, foi votada para ser incluída no Salón da Fama do Rock de Míchigan. Vendeu máis de 50 millóns de discos.[4]
Remove ads
Traxectoria
Suzi Quatro naceu e criouse en Grosse Pointe, un dos barrios de Detroit, Míchigan.[5] O seu pai, Arthur Quatro, era de ascendencia italiana, e a súa nai era húngara. O apelido familiar era "Quattrocchi", mais foi acurtado a Quatro.[6] A súa irmá Arlene é a nai da actriz Sherilyn Fenn.[7] A súa irmá Patti uniuse a Fanny, un dos primeiros grupos femininos que tivo atención nacional.[8] Quatro ten un irmán, Michael, tamén músico.[9]
O seu pai fundou un grupo chamado Trio Art Quatro, en que Suzi debutou con oito anos.[10] Cunha gran tradición musical na familia, Suzi estudou piano, aínda que se inclinou polo son do rock and roll. Aprendeu a tocar o baixo de forma autodidacta.[11] Comezou a súa carreira nos grupos Pleasure Seekers[12][13] e Cradle, xunto ás súas irmás Patti, Nancy e Arlene.[14] En 1971 mudouse ao Reino Unido despois de que a descubrise o produtor musical Mickie Most, que xa era coñecido polo seu traballo co grupo Sweet.
O seu primeiro sinxelo, "Rolling Stone", só triunfou en Portugal, onde chegou a ser número un en vendas.[13] O produtor musical Mickie Most puxo entón en contacto a Quatro co equipo creativo de Nicky Chinn e Mike Chapman, e con eles o seu segundo sinxelo "Can the Can", de 1973, chegou ao número un en Europa e Australia.[15]> A continuación, obtivo tres éxitos máis, "48 Crash", "Daytona Demon" e "Devil Gate Drive", todos con RAK Records. Os seus primeiros dous álbums tamén lograron o éxito en Europa e Australia.
Porén, o éxito non chegaba nos Estados Unidos, a pesar das súas xiras como abreconcertos de Alice Cooper[16] e a partir de 1975 a súa popularidade entrou en declive agás en Australia. Converteuse nesa época en musa e inspiración de Rick Derringer, que deseñou a súa aparencia andróxina como imitación do estilo de Quatro.
En 1978 volveu ao top 10 das listaxes do Reino Unido e de Australia con "If You Can't Give Me Love", sen acadar resonancia nos Estados Unidos; con todo, ao unir esforzos en 1979 con Chris Norman, da banda Smokie, coa canción "Stumblin' In", alcanzou o posto 4 no seu país.[16] En 1985, Quatro colaborou con Bronski Beat e con membros de The Kinks, Eddie & The Hot Rods e Dr. Feelgood nunha versión do clásico de David Bowie Heroes, producida por Mark Cunningham e lanzada en 1986 como sinxelo do programa da BBC Children In Need.
Quatro casou co seu guitarrista Len Tuckey en 1976, tiveron dous fillos (Laura, en 1982, e Richard Leonard, en 1984) e divorciáronse en 1992. Posteriormente, en 1993, casou co promotor de concertos Rainer Haas.
En 2006, Quatro puxo a voz de Rio Rogers no filme Built To Be Wild.[17] En febreiro dese mesmo ano lanzou un disco titulado Back To The Drive, producido por Andy Scott.
Remove ads
Discografía
- Suzi Quatro (1973)
- Quatro (1974)
- Your Mamma Won't Like Me (1975)
- Aggro-Phobia (1976)
- If You Knew Suzi... (1978)
- Suzi ... and Other Four Letter Words (1979)
- Rock Hard (1980)
- Main Attraction (1982)
- Annie Get Your Gun – 1986 London Cast (1986)
- Oh, Suzi Q. (1990)
- What Goes Around – Greatest & Latest (1995)
- Unreleased Emotion (1998)
- Free the Butterfly (1999)
- Back to the Drive (2006)
- In the Spotlight (2011)
- Quatro, Scott & Powell (2017)
- No Control (2019)
- The Devil in Me (2021)
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads