T. Ryan Gregory

biólogo canadense From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

T. Ryan Gregory, nado o 16 de maio de 1975, é un biólogo evolutivo e biólogo do xenoma canadense e profesor do Departamento de Bioloxía integrativa e da División de Diversidade Xenómica do Instituto de Biodiversidade de Ontario da Universidade de Guelph en Guelph, Ontario, Canadá.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Gregory completou a súa licenciatura (B.Sc. Hons) na Universidade McMaster en Hamilton, Ontario en 1997 e o seu doutoramento (Ph.D.) en bioloxía evolutiva e zooloxía na Universidade de Guelph en 2002. Despois fixo un traballo posdoutoral no Museo Americano de Historia Natural da cidade de Nova York (2002–2003) e no Museo de Historia Natural de Londres, Inglaterra (2003–2004) antes de tornar á Universidade de Guelph como profesor.

O seus principais intereses no mundo da ciencia son a xenómica, citoxenética, bioloxía celular, morfoloxía, bioloxía do comportamento, fisioloxía, bioloxía do desenvolvemento, ecoloxía, e paleontoloxía, todos os cales están ligados polo tema unificador da evolución. As súas principais investigacións centráronse principalmente na evolución do tamaño do xenoma (o "enigma do valor C") en animais e as orixes e importancia biolóxica do "ADN lixo" (ADN non codificante). Elaborou o test da cebola como unha "comprobación da realidade para calquera que pense que atopou unha función universal do ADN lixo". Creou a Animal Genome Size Database en 2001.[2] Tamén é activo na iniciativa do código de barras do ADN iniciado polo seu anterior titor de doutoramento Paul D.N. Hebert da Universidade de Guelph, facendo especial fincapé nos parasitos, patóxenos e vectores de doenzas.

Gregory é autor de máis de 65 artigos de revistas científicas revisadas por pares cun índice h de 51 segundo Google Scholar,[3][4] e editou o libro The Evolution of the Genome en 2004. É editor xefe da revista Evolution: Education and Outreach fundada por Niles Eldredge.[5] Mantén un blog chamado Genomicron,[6] e creou a Evolver Zone,[7] un recurso on line para estudantes e educadores.

Recibiu varios premios, como o Premio Posdoutoral Howard Alper do NSERC (2003),[8] o Premio Arch da Asociación de Alumnos de McMaster (2005),[9] o Premio ao Investigador Xove da Sociedade Americana de Naturalistas (2006),[10] o Premio ao Investigador Novo Bob Boutilier da Sociedade Canadense de Zoólogos (2007),[11] o Premio ao Profesor Distinguido da Asociación de Profesores da Universidade de Guelph pola ensinanza (2008),[12] e o Premio ao Científico Xove Robert H. Haynes da Sociedade Xenética do Canadá (2010).[13]

Ademais dos seus intereses científicos e educativos, desenvolveu proxectos de BioArt usando organismos vivos. O seu sitio web Microbial Art, que exhibe traballos de diversos artistas e científicos, contén obras que foron incluídas en publicacións impresas e on line en varios países.[14]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads