TACK
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
TACK é o nome dun grupo de arqueas, que é un acrónimo de Thaumarchaeota (agora Nitrososphaerota), Aigarchaeota, Crenarchaeota (agora Thermoproteota) e Korarchaeota, os primeiros grupos descubertos. Encóntranse en ambientes diferentes que van desde termófilos acidófilos a mesófilos e psicrófilos e con diferentes tipos de metabolismo, predominantemente anaerobios e quimiosintéticos.[4] TACK é un clado que é irmán da rama Asgard que deu lugar aos eucariotas. Propúxose que o clado TACK se clasificase como Crenarchaeota e que as "Crenarchaeota" (Thermoproteota) tradicionais fosen clasificadas como unha clase chamada "Sulfolobia", xunto cos outros filos con rango de clase ou orde.[5]
Remove ads
Clasificación
- Thermoproteota (antes Crenarchaeota). É o filo mellor coñecido e comprende as arqueas máis abundantes no ecosistema mariño. Previamente chamábanse sulfobacterias debido á súa dependencia do xofre e son importantes fixadores de cabono. Hai hipertermófilos en chemineas hidrotermais e outros grupos son os mais abundantes a profundidades de menos de 100 m.
- "Aigarchaeota". É un filo proposto a partir do xenoma da especie candidata Caldiarchaeum subterraneum atopada nas profundidades dunha mina de ouro do Xapón. As secuencias xenómicas deste grupo tamén se atoparon en ambientes xeotermais, tanto terrestres coma mariños.
- "Geoarchaeota". Comprende organismos termófilos que viven en ambientes ácidos reducindo ferro férrico. Alternativamente, propúxose que este e mais un grupo máis temperán en realidade pertencen ao filo Nitrososphaerota.
- Nitrososphaerota (anteriormente Thaumarchaeota). Inclúe organismos mesófilos ou psicrófilos (de temperaturas medias e baixas), de metabolismo quimiolitoautótrofo oxidante de amoníaco (nitrificante), que poden xogar un papel importante nos ciclos bioxeoquímicos, como o ciclo do nitróxeno e o do carbono.
- "Bathyarchaeota". É abundante nos sedimentos do leito do mar con escaseza de nutrientes. Polo menos algunhas liñaxes desenvólvense por homoacetoxéese, un tipo de metabolismo polo momento considerado único entre os procariotas.
- "Korarchaeota". Só se atoparon en ambientes hidrotermais e en baixa abundancia. Parecen diversificados a diferentes niveis filoxenéticos de acordo coa temperatura, salinidade (en auga doce ou mariña) e xeografía.
Remove ads
Filoxenia
As relacións son aproximadamente as seguintes:

Remove ads
Hipótese do eocito
- Véxase tamén: Eucarioxénese.
A hipótese do eocito, proposta na década de 1980 por James Lake, suxire que os eucariotas xurdiron dentro dos eocitos procarióoticos.[14]
Unha proba que apoia a relación estreita entre TACK e os eucariotas é a presenza dun homólogo da subunidade Rbp-8 da ARN polimerase en Thermoproteota pero non en Euryarchaea.[15]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
