TAP Express

From Wikipedia, the free encyclopedia

TAP Express
Remove ads

TAP Express é unha aeroliña rexional portuguesa fundada no ano 2016. Pertence a TAP Air Portugal e opera voos de curto e medio alcance. A compañía rexional Portugália Airlines, propiedade de TAP, opera os avións da familia Embraer da marca TAP Express. E á súa vez, White Airways, unha aeroliña propiedade de Omni Aviation, opera a súa frota de avóns ATR 72. A súa sede atópase no Aeroporto de Lisboa.

Datos rápidos Instancia de, Persoas e organizacións ...

TAP Express voa diariamente aos aeroportos de Vigo e da Coruña dende Lisboa utilizando avións ATR 72 de 70 asentos.[1][2]

Remove ads

Historia

O día 14 de xaneiro de 2016 TAP Air Portugal anunciou que Portugália Airlines, a súa subsidiaria rexional, sería rebautizada como TAP Express o 27 de marzo dese ano como parte das medidas de reestruturación do grupo. No mesmo día, TAP Portugal tamén anunciou que toda a frota de Portugália, composta por avións Fokker 100 e Embraer ERJ-145, sería substituída en xullo de 2016 por novas aeronaves Embraer 190 e ATR 72-600 (estes último operado por White Airways), que recibirían unha librea semellante á de TAP Portugal.[3][4][5]

Todos os avións da frota de TAP Express están bautizados con nomes de distritos e rexións portuguesas.[6]

Remove ads

Frota

Thumb
ATR 72 aterrando no aeroporto de Vigo
Thumb
Embraer 190 no aeroporto do Porto

En outubro de 2017 a frota de TAP Express estaba formada polos seguintes avións:[7]

Máis información Avión, En servizo ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads