TMPRSS2

From Wikipedia, the free encyclopedia

TMPRSS2
Remove ads

A protease transmembrana, serina 2 (TMPRSS2) é un enzima que en humanos está codificado polo xene TMPRSS2 do cromosoma 21.[1][2]

Datos rápidos Estruturas dispoñibles, PDB ...
Remove ads

Función

Este xene codifica unha proteína que pertence á familia das serina proteases. A proteína codificada contén un dominio transmembrana de tipo II, un dominio receptor de clase A, un dominio receptor scavenger rico en cisteína e un dominio de protease. As serina proteases están implicadas en moitos procesos fisiolóxicos e patolóxicos. Este xene está regulado á alza por hormonas androxénicas nas células de cancro de próstata e regulado á baixa en tecidos de cancro de próstata independente de andróxenos. O dominio de protease desta proteína pénsase que é cortado e segregado no medio celular despois da súa autoclivaxe. A función biolóxica deste xene é descoñecida.[2]

Remove ads

Fusión do xene ERG

A función da proteína TMPRSS2 na carcinoxénese de próstata baséase na sobreexpresión de factores de transcrición ETS, como ERG e ETV1, por medio de fusión xénica. O xene de fusión TMPRSS2-ERG é o máis frecuente, presente no 40% - 80% dos cancros de próstata humanos. A sobreexpresión de ERG contribúe ao desenvolvemento de cancros de próstata independentes de andróxenos por medio da disrupción da sinalización do receptor de andróxenos.[3]

Remove ads

Relación cos coronavirus

Algúns coronavirus, por exemplo o SARS-CoV, causante da SARS, e o SARS-CoV-2, causante da COVID-19, son activados por TMPRSS2 e poderían ser inhibidos por inhibidores de TMPRSS2.[4] "O SARS-CoV-2 usa o receptor ACE2 do SARS-CoV para a entrada e a serina protease TMPRSS2 para o cebado da proteína S. Un inhibidor da TMPRSS2 aprobado para uso clínico bloqueou a entrada e podería constituír unha opción de tratamento."[4]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads