Cromosoma 21

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cromosoma 21
Remove ads

O cromosoma 21 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Nas nosas células diploides temos dúas copias (un par) deste cromosoma, e nas haploides unha. A trisomía do cromosoma 21 orixina a síndrome de Down. O cromosoma 21 é o máis pequeno do cariotipo humano, xa que comprende só 47 millóns de pares de bases (nucleótidos), o que representa un 1,5% do total do ADN da célula.

Datos rápidos Características, Lonxitude (bp) ...
Thumb

A súa secuenciación rematou en 2000 e foi o segundo cromosoma humano en ser secuenciado completamente no Proxecto Xenoma Humano.

A identificación de xenes nos cromosomas é unha área de investigación que está en continuo desenvolvemento. Os distintos métodos que se utilizan na secuenciación dan lugar a resultados algo diferentes en canto ao número de xenes identificados, pero estímase que o cromosoma 21 probablemente contén entre 300 e 400 xenes.

Pola posición do seu centrómero, o cromosoma 21 é un cromosoma acrocéntrico. O cromosoma 21 humano é un dos que ten organizador nucleolar (NOR), zona onde se encontran xenes repetidos en tándem dos ARNr. Arredor dos organizadores nucleolares orixínanse os nucléolos. Os organizadores nucleolares están na zona da constrición secundaria do cromosoma. A porción situada despois da constrición secundaria denomínase satélite, polo que o 21 é un cromosoma satélite ou cromosoma SAT.

Remove ads

Xenes

Algúns dos xenes localizados no cromosoma 21 son os seguintes:

  • APP: proteína precursora do amiloide beta (A4) (peptidase nexina-II, enfermidade de Alzheimer)
  • CBS: cistationina-beta-sintase
  • CLDN14: claudina 14
  • HLCS: holocarboxilase sintetase (biotina-(proprionil-Coencima A-carboxilase (que hidroliza ATP)) ligase)
  • KCNE1: canle de potasio dependente de voltaxe, familia relacionada con Isk, membro 1
  • KCNE2: canle de potasio dependente de voltaxe, familia relacionada con Isk, membro 2
  • LAD: deficiencia de adhesión leucocitaria (os símbolos son ITGB2, CD18, LCAMB)
  • SOD1: superóxido dismutase 1, soluble (esclerose amiotrófica lateral 1 (adultos))
  • TMPRSS3: protease transmembrana, serina 3
  • PCNT: pericentrina centrosómica
  • DSCR1: rexión 1 crítica da síndrome de Down
  • DYRK1A: dual specificity tyrosine-(Y)-phosphorylation regulated kinase 1A
  • RRP1B: ribosomal RNA processing 1 homolog B
  • s100B: proteína de unión ao calcio
Remove ads

Enfermidades asociadas

As seguintes enfermidades están relacionadas co cromosoma 21:

  • Enfermidade de Alzheimer
    • Enfermidade de Alzheimer tipo 1
  • Esclerose amiotrófica lateral
    • Esclerose amiotrófica lateral tipo 1
  • Síndrome de Down
  • Síndrome de Erondu-Cymet
  • Deficiencia de holocarboxilase sintetase
  • Homocistinuria
  • Síndrome de Jervell e Lange-Nielsen
  • Deficiencia de adhesión leucocitaria
  • Ananismo primordial osteodisplastico de Majewski tipo II (MOPD II, ou MOPD2)
  • Xordeira non sindromática
    • Xordeira non sindromática, autosómica recesiva
  • Síndrome de Romano-Ward
Remove ads

Trastornos cromosómicos

As seguintes condicións están causadas por cambios na estrutura ou no número de copias do cromosoma 21:

  • Cancros: Rearranxos (translocacións cromosómicas) de material xenético entre o cromosoma 21 e outros cromosomas foron asociados con tipos graves de cáncer. Por exemplo, a leucemia linfoblástica aguda (un tipo de cáncer de sangue máis frecuentemente diagnosticado na infancia) foi asociado coa translocación entre os cromosomas 12 e 21. Outra forma de leucemia, leucemia mieloide aguda, foi asociada cunha translocación entre os cromosomas 8 e 21.
  • Nunha pequena porcentaxe dos casos, a síndrome de Down está causada por un rearranxo do material cromosómico entre o cromosoma 21 e outros cromosomas. Como resultado, unha persoa ten as dúas copias habituais do cromosoma 21 e mais algo de material cromosómico extra do cromosoma 21 unido a outro cromosoma. Estes casos denomínanse síndrome de Down por translocación. Crese que as copias extra de xenes no cromosoma 21 interrompen o curso normal do desenvolvemento, causando as características distintivas da síndrome de Down e o incremento do risco de problemas médicos asociados co trastorno.
  • Outros cambios no número e estrutura do cromosoma 21 poden ter unha variedade de efectos, incluíndo atraso mental, retardo no desenvolvemento, e determinadas características faciais. Nalgúuns casos, os signos e síntomas son similares aos da síndrome de Down. Os cambios no cromosoma 21 inclúen a perda dun segmento do cromosoma en todas as células (monosomía parcial 21) e unha estrutura circular chamada cromosoma 21 anular. Un cromosoma en anel aparece cando se unen os extremos rotos dun cromosoma.
  • Atopouse que a duplicación no locus da proteína precursora amiloide (APP) (o segmento duplicado varía en lonxitude pero inclúe a APP) no cromosoma 21 era causa do comezo temperán da enfermidade de Alzheimer familiar nun estudo de familias francesas (Rovelet-Lecrux et al.) e holandesas (Sleegers et al.). Comparada co Alzheimer causado por mutacións sen sentido na APP, a frecuencia de Alzheimer causado por duplicación na APP é significativa. Todos os pacientes que teñen unha copia extra do xene APP debido á duplicación do locus mostran Alzheimer con anxiopatía amiloide cerebral grave.
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads