Factor de necrose tumoral (familia)
grupo de citocinas que pode causar a morte celular From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A familia do factor de necrose tumoral (ou familia TNF) é un grupo de citocinas que pode causar a morte celular (apoptose). Os primeiros dous membros desta familia que se identificaron foron:
- Factor de necrose tumoral alfa (TNF-α), que é o membro mellor coñecido da familia (xeralmente cando se di TNF sen especificar máis, estanse referindo ao TNF-α, xa que foi renomeado como TNF). É unha citotoxina derivada dos monocitos que foi implicada na regresión de tumores, shock séptico, e caquexia.[2][3] A proteína sintetízase como unha prohormona cunha secuencia sinal atípica e infrecuentemente longa, que está ausente na citocina madura que se segrega.[4] Un tramo curto hidrofóbico de aminoácidos serve para ancorar a prohormona nas bicapas lipídicas.[5] Tanto a proteína madura coma a forma parcialmente procesada da hormona poden ser segregadas despois da clivaxe do propéptido.[5]
- Linfotoxina alfa, tamén chamada anteriormente factor de necrose tumoral beta (TNF-β), é unha citocina que é inhibida pola interleucina 10.[6]
- «TNF» e «Factor de necrose tumoral» redirixen aquí. Para a forma alfa ver TNF-alfa.
Remove ads
Membros da familia
Identificáronse 19 proteínas que forman parte da familia TNF baseándose en semellanzas na súa secuencia, estrutura e función.[7] Entre elas están:[8][9][10]
- Factor de necrose tumoral alfa (TNF-alfa) (tamén chamado caquectina [11])[12][13] é unha citocina con variadas funcións. Pode causar a citólise de cértas liñas celulares tumorias; está implicado na indución da caquexia; é un potente piróxeno, que causa febre por acción directa ou por estimulación da secreción de interleucina-1; pode estimular a proliferación celular e inducir a diferenciación celular baixo certas condicións.
- Linfotoxina alfa (LT-alfa) e linfotoxina beta (LT-beta), que son dúas citocinas relacionadas producidas por linfocitos que son citotóxicas para unha ampla variedade de células tumorais tanto in vitro coma in vivo.[14]
- Antíxeno gp39 de células T (CD40L), unha citocina que parece que é importante para o desenvolvemento e activación de células B.
- CD27L, unha citocina que xoga un papel na activación das células T. Induce a proliferación de células T coestimuladas e potencia a xeración de células T citolíticas.
- CD30L, unha citocina que induce a proliferación de células T.
- FASL, unha proteína da superficie celular implicada na morte celular.[15]
- 4-1BBL, unha molécula de superficie das células T inducible, que contribúe á estimulación das células T.
- OX40L, unha proteína da superficie celular que coestimula a proliferación de células T e a produción de citocinas.[16]
- Ligando que induce a apoptose relacionado co TNF (TRAIL), unha citocina que induce a apoptose.[17]

Todas estas citocinas parecen formar complexos homotriméricos (ou heterotriméricos no caso das LT-alfa/beta), que son recoñecidos polos seus respectivos receptores. Establécense fortes enlaces de hidróxeno entre os monómeros que estabilizan a estrutura terciaria. Un deses exemplos é o enlace de hidróxeno Asn34-Arg82 no TNF alfa de Mus musculus.[1] O patrón PROSITE desta familia está localizado nunha cadea beta na sección central da proteína, que está conservada en todos os membros da familia.
Todos os membros da familia TNF, coa excepción da linfotoxina segregada e do ligando indutor da proliferación (APRIL), son proteínas transmembrana de tipo II que sobresaen da superficie das células inmunitarias. Estes ligandos TNF unidos a membranas sinalizan con frecuencia ás propias células inmunitarias cando estas fan contacto e se unen aos seus receptores cognados situados noutras células.[7]
Remove ads
Exemplos
Proteínas humanas que conteñen este dominio son:
- CD40LG (TNFSF5); CD70 (TNFSF7); EDA; FASLG (TNFSF6); LTA (TNFSF1); LTB (TNFSF3);
- TNF
- TNFSF4 (OX40L); TNFSF8 (CD153); TNFSF9; TNFSF10 (TRAIL); TNFSF11 (RANKL); TNFSF12 (TWEAK); TNFSF13; TNFSF13B; TNFSF14; TNFSF15; TNFSF18;
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads