TTS 2
Satélite artificial de investigación estadounidense. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
TTS 2 (Test and Training Satellite 2), tamén coñecido como TETR 2, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 8 de novembro de 1968 mediante un foguete Delta E desde Cabo Cañaveral.[2][5]
Remove ads
Características
TTS 2 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TTS 2 foi lanzado no mesmo foguete que a sonda Pioneer 9 e a súa función foi servir de satélite de adestramento para as estacións terrestres asignadas ó proxecto Apollo, para o cal levaba a bordo un transpondedor de 9,5 vatios en banda S e un transmisor de VHF cunha potencia de 1,2 vatios. Tiña forma de octaedro duns 30 cm de lado e a alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que recubrían a superficie do satélite e que recargaban as baterías de a bordo, de níquel-cadmio. TTS 2 foi inxectado nunha órbita inicial de 938 km de apoxeo e 376 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 32,8 graos e un período de 97,9 minutos. Reentrou na atmosfera o 19 de setembro de 1979.[1][2][3][6][7]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads