Tamara Andrés
escritora e tradutora galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Tamara Andrés Padín, nada en Combarro (Poio) o 8 de agosto de 1992, é unha escritora e tradutora galega.
Remove ads
Traxectoria
Graduada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e titulada no mestrado en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela.[1][2] Tras estudar o Mestrado para o Profesorado, na especialidade de linguas estranxeiras, dedicouse ao ensino de idiomas.
No 2015 publicou Amentalista, unha particular homenaxe ao pintor René Magritte,[2] pintor que mereceu a súa atención en diversas investigacións e artigos. Nese mesmo ano gañou o Concurso de Poesía O Facho con Nenæspiraes, poemario publicado na editorial Medulia. A finais de 2017 publicou Corpo de Antiochia na colección Dombate da Editorial Galaxia, poemario autotraducido ao castelán e finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2018.[3]
Comezou a súa tese sobre poesía e tradución dentro do programa de Doutoramento en Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo. Dirixiu e colaborou en diversos proxectos literarios, audiovisuais e escénicos. En 2018 comezou a dirixir con Marcus Daniel Cabada a revista Ligeia.[2] En 2024 pasou a dirixir a colección Dombate de editorial Galaxia.[4]

Remove ads
Obras[5]
Obras individuais

- Amentalista (2015). Diversidad literaria SL. 72 páxs. ISBN 978-8494356230. Unha particular homenaxe a René Magritte[6] (en español).[7]
- Nenæspiraes (2016). Medulia. ISBN 978-8494378317.[8]
- Corpo de Antiochia (2017). Ed. Galaxia. 84 páxs. ISBN 978-84-9151-076-5[9][10]. Limiar de Héctor Acebo.
- Irmá paxaro (2019). Cuarto de inverno. Ilustracións de María Montes. 75 páxs. ISBN 978-84-09-15875-1.[11]
- Bosque vermello (2019). Positivas. 50 páxs. ISBN 978-84-120184-5-5.
- Distancias (2020). Con Marcos Viso. Galaxia. 64 páxs. ISBN 978-84-9151-441-1.[12]
- Peixiño desnortado (2022). En Historias para coñecermos Pontevedra. Diario de Pontevedra. ISBN 978-84-12633-40-5. 63 páxs.
- Para non concretarme (2024). Positivas. 74 páxs. ISBN 978-84-128055-2-9.[13]
Obras colectivas
- Wine&Roses, LeTour1987, 2016
- Contos de Nadal, Revista Criaturas, 2016
- No seu despregar, Apiario, 2016
- Xohana Torres, natureza de illa, Real Academia Galega, 2018
- Álvarez Luís, Alberto; Andrés, Tamara; Luna Alonso, Ana (2024). O son en que cada lingua se solta. Luísa Villalta tradutora, Luísa Villalta traducida. Universidade de Vigo. 323 páxs. ISBN 978-84-1188-016-9. Escolma de traducións feitas pola autora e de textos seus traducidos a outras linguas.[14]
Traducións literarias
- Bruxas a Morta, de Georges Rodenbach (BIVIR, 2014)
- Ernesto e Celestina, músicos da rúa, de Gabrielle Vincent (Kalandraka, 2016)
- Agni e a chuvia, de Dora Sales (Kalandraka, 2016)
- París en pijamarama, de Michaël Leblond e Frédérique Bertrand (Kalandraka, 2016)
- Museo en pijamarama, de Michaël Leblond e Frédérique Bertrand (Kalandraka, 2017)
- Ernesto e Celestina perderon a Simeón, de Gabrielle Vincent (Kalandraka, 2017)
- O Nadal de Ernesto e Celestina, de Gabrielle Vincent (Kalandraka, 2018)
- A túa historia, de Kathryn Strobel, ilustrado por Vanesa Álvarez (Galaxia, 2019)
- As iluminacións, de Arthur Rimbaud (Kalandraka, col. Tambo, 2023; traducida en tándem con Oriana Méndez). Esta obra supúxolles obteren o premio Plácido Castro de Tradución de 2023.
Remove ads
Recoñecementos

Poesía
- 2000: Gañadora da modalidade poética do Concurso Literario Xaime Illa Couto.
- 2014: Accésit dos Premios de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo polo poemario Xogos surrealistas.
- 2015: Gañadora do Premio de Poesía O Facho polo poemario Nenæspiraes.
- 2016: Segundo premio do XVII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores do Concello de Mondoñedo polo poemario O suicidio da camelia.
- 2017: 2º premio dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria da Universidade de Vigo polo poemario Recuperar as mans.
- 2017: 3º premio da modalidade poética do certame Xuventude Crea polo poemario A lingua secreta dos nenos franceses.
- 2018: Finalista do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil por irmá paxaro.
- 2018: Finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández por Corpo de Antiochia.[2]
- 2024: Premio Plácido Castro de Tradución (Con Oriana Méndez) por As iluminacións, de Arthur Rimbaud.[2][15]
Narrativa
- 2015: 2º premio do II Concurso de relato breve convocado pola Biblioteca Pública de Pontevedra por «A purificación de Vedra».
- 2016: Gañadora do IV Certame de Relato Curto organizado pola FANPA de Pontevedra por «A eterna bailarina».
- 2017: 3º premio na modalidade de traballo literario breve dos I Premios Provinciais da Xuventude convocados pola Deputación de Pontevedra con «Os amantes tráxicos».
Tradución
- 2024: Premio Plácido Castro de Tradución (edición de 2023) pol'As iluminacións, de Arthur Rimbaud (Kalandraka, col. Tambo, 2023; a canda Oriana Méndez).
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads