Tareixa de Calcuta
relixiosa católica albanesa coñecida polo seu labor humanitario na India From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Tareixa de Calcuta,[1][2][3] nada como Agnes Gonxha Bojaxhiu (en AFI ˈagnɛs gɔnˈʤa bɔˈjadʒju), en Skopje (daquela no Imperio Otomán, no presente Macedonia do Norte), o 26 de agosto de 1910 e falecida en Calcuta (India) o 5 de setembro de 1997, foi unha relixiosa católica albanesa coñecida polo seu labor humanitario na India. Foi beatificada polo Papa Xoán Paulo II en 2003 e desde a súa canonización polo papa Francisco o 4 de setembro de 2016 é venerada como santa na Igrexa católica. É a primeira persoa galardoada co Premio Nobel da Paz santa.[4]
Remove ads
Traxectoria
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Agnes fixo a súa Primeira Comuñón á idade de cinco anos e medio, e recibiu a confirmación en novembro de 1916. Desde o día da súa Primeira Comuñón mostrou unha gran devoción relixiosa. Na súa formación relixiosa, Tareixa foi asistida ademais pola Parroquia Xesuíta do Sagrado Corazón, na que ela estaba moi integrada.
En 1928 ingresou na Orde das Irmás da nosa Señora de Loreto. En Irlanda recibiu o nome de Irmá María Tareixa, en honor á monxa francesa Thérèse Martin, canonizada en 1927 co título de Santa Thérèse de Lisieux. En 1929 fíxose misioneira e iniciou a súa viaxe cara á India, chegando a Calcuta en xaneiro. Ensinou na Escola para mozas St. Mary. O 24 de maio de 1937, a Irmá Tareixa fixo a súa profesión converténdose en "esposa de Xesús" para toda a eternidade.
Desde ese momento chamóuselle Nai Tareixa. Continuou ensinando en St. Mary converténdose en directora do centro en 1944. Ao ser unha persoa de profunda oración e de arraigado amor polas súas irmás relixiosas e polos seus estudantes, os vinte anos que Nai Tareixa transcorreu en Loreto estiveron impregnados de ledicia. Caracterizada pola súa caridade, viviu a súa consagración a Xesús entre as súas compañeiras con fidelidade e alegría. En marzo de 1997, a Nai Tareixa bendiciu á súa recentemente elixida sucesora como Superiora Xeral. Logo de atoparse por última vez co Papa, volveu a Calcuta onde transcorreu as últimas semanas de vida.
Cronoloxía
- 1948: o Papa Pío XII concedeulle á Nai Tareixa permiso para exercer o seu servizo pastoral como monxa independente e empezou a compartir a súa vida nas rúas de Calcuta cos máis pobres, os enfermos e os famentos. A Nai Tareixa fundou unha congregación chamada as Misioneiras da Caridade. O seu traballo inicial foi o de ensinar a ler aos nenos pobres da rúa.
- 1950: a Nai Tareixa empezou a axudar ás persoas doentes de lepra.
- 1963: fundou os Irmáns Misioneiros da Caridade.
- 1965: o Papa Paulo VI colocou á congregación das Misioneiras da Caridade baixo o control do Papado e autorizou á Nai Tareixa a expandir a Orde relixiosa noutros países. Ao redor de todo o mundo abríronse centros para atender leprosos, tuberculosos, anciáns, cegos e persoas que padecen do SIDA (dende que se identificou a principios dos 80) e fundáronse escolas e orfanatos para os pobres e nenos abandonados.
- 1979: concédeselle o Premio Nobel da Paz.
- 1984: funda os Pais Misioneiros da Caridade.
- 1997: morre en Calcuta.
- 2003: é beatificada polo Papa.
- 2016: é canonizada polo papa Francisco.
Para o día da súa morte consagráronse case 4.000 Misioneiras da Caridade, e as súas comunidades establecéronse en 610 fundacións en 123 países do mundo.
Remove ads
Recoñecementos
A Nai Tareixa recibe en vida numerosos premios e recoñecementos, entre eles:
- 1971: Primeiro Premio Xoán XXIII da Paz (concedido por Pablo VI)
- 1971: Premio Kennedy
- 1972: Premio Nehru
- 1973: Premio Templeton
- 1975: Premio Internacional Albert Schweitzer
- 1976: Premio Pacem in Terris
- 1978: Premio Balzan á humanidade, paz e irmandade entre os pobos
- 1979: Orde do Libertador (Venezuela)
- 1979: Premio Nobel da Paz
- 1985: Medalla Presidencial da Liberdade Estados Unidos
- 1994: Medalla de Ouro do Congreso (Estados Unidos)
- 1996: Cidadá de honra dos Estados Unidos.
Remove ads
Críticas
Christopher Hitchens criticou a súa figura no libro The Missionary Position: Mother Teresa in Theory and Practice (1995) e invitado polo Vaticano prestou testemuño durante o seu proceso de beatificación[5].
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads