Teima
revista galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Teima, subtitulada Revista galega de información xeral, foi unha revista semanal galega que se publicou entre 1976 e 1977.
Remove ads
Características
Teima foi a primeira revista xornalística que se editou integramente en galego dentro de Galicia.[1] O primeiro número apareceu o 15 de setembro de 1976 e deixou de publicarse co número 35 en agosto de 1977 por dificultades económicas, derivadas da falta de publicidade.
Editada pola Sociedade Galega de Publicacións, da que Afonso Ribas era cofundador e xerente. Anunciose que o director ía ser Alfonso Sánchez Izquierdo,[2] aínda que finalmente foi Ánxel Vence, e entre os seus colaboradores estaban Víctor F. Freixanes, Manuel Rivas, Xavier Navaza, Pepe Carreiro, Xaquín Marín e Xurxo Lobato, que publicou nela as súas primeiras fotos.
Desde o seu comezo tivo dificultades de publicidade e a súa liña editorial foi combatida por sectores políticos da dereita e da esquerda. Unha coalición nacionalista de esquerdas[quen?] chegou a emitir entre os seus militantes a consigna de darse de baixa na subscrición. Algunhas forzas políticas que apoiaran a súa aparición e que participaron no capital da empresa, como o Partido Socialista Galego, foron despois críticas coa publicación. Accionistas independentes e outros da Asemblea Popular Galega foron quen máis loitaron pola continuidade do semanario.
Dixitalización
No 2022, o Consello da Cultura Galega despois de dixitalizala por completo ofreceu acceso libre a través da súa páxina web.[3]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
