Tenrécidos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tenrécidos
Remove ads

A dos tenrécidos (Tenrecidae) é unha familia de mamíferos placentarios afrosorícidos,[1] a única da suborde dos tenrecomorfos (Tenrecomorpha).[2]

Datos rápidos Clasificación taxonómica, Reino ...

A familia está constituída por mamíferos fundamentalmente insectívoros de tamaño relativamente grande, e caracterizados por teren un fociño máis ou menos longo e afiado que utilizan para desenterrar vermes e insectos do solo (son omnívoros). Hai hoxe unhas trinta especies de tenrécidos, moi diversos en aspecto e costumes, os máis deles endémicos de Madagascar, aínda que algús se atopan tamén nalgunhas partes do continente africano.[3]

A explicación de que as formas e os costumes dos tenrécidos sexan tan diversas é o resultado dunha evolución converxente, e por iso algúns se parecen aos ourizos cachos, ou ás musarañas, ás sarigüeias, aos ratos e até ás londras, ocupando ambientes acuáticos, arborícolas, terrestres e subterráneos (escavadores).

O lugar dos tenrécidos na taxonomía está actualmente aínda baixo discusión, xa que algúns autores aínda a inclúen dentro da orde dos Insectivora,[3] hoxe obsoleta, pero a maioría clasifícana na nova orde dos Afrosoricida.[1] Aínda que poidan parecerse ás musarañas, os ourizos ou as lontras, non están estreitamente relacionados con calquera destes grupos, e os seus parentes máis próximos son outros mamíferos insectívoros africanos, como as toupas douradas e as musarañas elefante. O antepasado común destes animais, xunto cos dos porco formigueiro, os damáns, os elefantes e os manatís e o dugongo, non foi recoñecido até a década dee 1990, cando se reuniron no grupo dos Afrotheria.[4]

A familia divídese en catro subfamilias, atendendo á súa gran diversidade: Geogalinae, Oryzorictinae, Potamogalinae e Tenrecinae. Os Tenrecinae, versión malgaxe dos ourizos cachos, e os Oryzorictinae, variante das musarañas e as toupas, son os dous principais grupos.[5]

Remove ads

Cartacterísticas

As principais características dos tenrécidos son as de careceren de arco zigomático e de cego. A súa dentición é zalambdodonte ou parcialmente dilambodonte. Algunhas especies están adaptadas á vida anfibia ou á subtrerránea. Utlizan a ecolocación para a orientación no espazo.[3] Rexistráronse formas fósiles desde o mioceno temperán.[3]

O tamaño dos tenrécidos oscila entre o das musarañas dos máis pequenos, cunha lonxitude corporal de ao redor de 4,5 cm e un peso de tan só 5 g, e o da especie máis grande, o tenrec común ou tenrec sen cola (Tenrec ecaudatus), que pode medir de 25 a 39 cm de lonxitud e pode pesar máis de 1 kg.[6]

Infrecuentemente entre os mamíferos placentarios, o ano e o tracto uro-xenital do tenrecs comparte unha abertura común, ou cloaca, unha característica máis común nas aves, os réptiles e o anfibios. Ademais, teñen unha temperatura corporal baixa, de xeito que non necesitan un escroto que arrefríe o seu esperma como noutros mamíferos.[6]

Remove ads

Taxonomía

Descricións dos taxons

Suborde

A suborde dos Tenrecomorpha foi establecida en 1972 por Butler.[2]

Incluída na suborde dos Soricomorpha dos Lipotyphla por Butler (1988) e por MacPhee e Novacek (1993).
McKenna e Bell (1997) usaron oe nome Tenrecoidea (atribuído incorrectmnte a Gray, 1821) como unha superfamilia, coa nota «proposto como suborde coordinado con Erinaceomorpha, Soricomorpha e Chrysochlorida»; porén, o uso deste nome é inadecuado.[2]

Familia

A familia dos Tenrecidae fora xa descrita en 1821 polo naturalista inglés John Edward Gray, en London Med. Repos. Rec., 15: 301.[1]

Etimoloxías

Nome científico

Os nomes científicos, tanto Tenrecomorpha como Tenrecidae están formados sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Tenrecus Desmarest, 1820 (actualmente o considerado válido é Tenrec Lacépède, 1799), coa adición das desinencias do latín científico -morpha, forma neutra derivada do grego antigo μορφή morphé, "forma", e ´-idae, derivada da do grego antigo -ίδες -ídes, de είδοσ eídos, "aparencia" "aspecto".

Pola súa parte, o nome Tenrecus deriva do termo francés tenrec, que o incorporou contra 1720-30 adaptando o termo malgaxe tàndraka ou tràndraka (tamén coas variantes tanrac e tandrec). E do francés pasou ás outras linguas europeas (ao inglés, xa no mesmo século XVIII).[7][8][9][10][11][12]

Clasificación

A familia dos tenrécidos subdivídese en catro subfamilias, con 10 xéneros e 31 especies.[13]

Familia Tenrecidae

  • Subfamilia Geogalinae
    • Xénero Geogale
      • Geogale aurita
  • Subfamilia Oryzorictinae
    • Xénero Limnogale
      • Limnogale mergulus
    • Xénero Microgale
      • Microgale brevicaudata
      • Microgale cowani
      • Microgale dobsoni
      • Microgale drouhardi
      • Microgale dryas
      • Microgale fotsifotsy
      • Microgale gracilis
      • Microgale gymnorhyncha
      • Microgale jobihely
      • Microgale longicaudata
      • Microgale monticola
      • Microgale nasoloi
      • Microgale parvula
      • Microgale principula
      • Microgale pusilla
      • Microgale soricoides
      • Microgale taiva
      • Microgale talazaci
      • Microgale thomasi
    • Xénero Oryzorictes
      • Oryzorictes hova
      • Oryzorictes tetradactylus
  • Subfamilia Potamogalinae
    • Xénero Micropotamogale
      • Micropotamogale lamottei
      • Micropotamogale ruwenzorii
    • Xénero Potamogale
      • Potamogale velox
  • Subfamilia Tenrecinae
    • Xénero Echinops
      • Echinops telfairi
    • Xénero Hemicentetes
      • Hemicentetes nigriceps
      • Hemicentetes semispinosus
    • Xénero Setifer
      • Setifer setosus
    • Xénero Tenrec
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads