Terminator

Filme de 1984 dirixido por James Cameron From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Terminator (en inglés: The Terminator) é un filme estadounidense de acción dirixido por James Cameron que se estreou no 1984. Escrito conxuntamente entre Cameron e William Wisher Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Michael Biehn, e Linda Hamilton. Estreouse en galego na TVG o 20 de xaneiro de 1992.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

En 2008 a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos seleccionou a película para a súa preservación no National Film Registry atopándoa "cultural, histórica ou esteticamente significativa".[1]

Remove ads

Sinopse

Os Ánxeles, ano 2029. As máquinas dominan o mundo. Os rebeldes que loitan contra elas teñen como líder a John Connor, un home que naceu nos anos oitenta. Para acabar coa rebelión, as máquinas deciden enviar ó pasado a un robot -Terminator- cuxa misión será eliminar a Sarah Connor, a nai de John, e impedir así o seu nacemento.

Personaxes

  • Arnold Schwarzenegger como Terminator, un cyborg enviado cara ao pasado para asasinar a Sarah Connor. Schwarzenegger só fala 18 liñas no filme.[2]
  • Michael Biehn como Kyle Reese, un humano da resistencia enviado ó pasado para protexer a Sarah.
  • Linda Hamilton como Sarah Connor, o obxectivo do Terminator.
  • Earl Boen como o doutor Silberman, un psicólogo criminalista.
  • Paul Winfield como o tenente Ed Traxler, un policía que interroga a Sarah.
  • Lance Henriksen como Hal Vukovich, un detective de policía.
Remove ads

Premios

Premios Saturn

Máis información Ano, Categorías ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads